13 may 2024

Visita de Eva Mejuto

Dentro do itinerario lector deste curso, o alumnado de 5º de primaria puido ler a novela de Eva Mejuto, "O día que choveron gatos", unha divertida historia chea de humor, sátira, solidariedade e amor polos animais.
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear a campaña, convencida de que só ela pode salvar os animais. Pero un día van chover gatos e Catarina decatarase de que unha persoa soa non pode cambiar o mundo, pero en boa compañía pode, polo menos, intentalo.

No hay comentarios: