20 may 2019

Unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas: Día das Letras Galegas

  O alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas  no Día das Letras Galegas. Escribimos anacos da súa obra en laxas que serán colocadas nos parques de Bertamiráns para lectura e disfrute de toda a veciñanza e dos que nos visiten!


Premer na imaxe para ver as laxas

18 may 2019

ANTONIO FRAGUAS: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  O etnógrafo, antropólogo, historiador, xeógrafo e mestre Antonio Fraguas Fraguas (aldea de Insuela, parroquia de Loureiro, Cotobade, 1905- Santiago, 1999) é a personalidad literaria elexida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día das Letras Galegas de 2019.
  Na páxina deste blog para este día, temos recollidos moitos recursos e información para achegarnos á figura, personalidade e traballos de Don Antonio Fraguas, premendo AQUÍ.
 
MUSEO DO POBO GALEGO DO QUE FOI O PRIMEIRO DIRECTOR


 

8 may 2019

Lemos e coñecemos aos compositores/as!


  Desde a materia de Educación Musical e en coordinación co Equipo da Biblioteca e cos titores/as de 6º nivel, organizamos unha charla da nosa compañeira, a compositora SOFÍA ORIANA INFANTE na biblioteca do colexio co tema “Os compositores e as compositoras”. Para iso fixemos unha exposición dos fondos que contamos no colexio con libros, biografías, contos musicais, CD´s e DVD´s sobre este tema.

 Esta exposición ten como obxectivo  animar aos nenos e nenas a que lean e leven en préstamo estes materiais, que sen dúbida, os nosos alumnos/as non deben deixar de coñecer para aprender a apreciar a boa música, como moi ben lles explicou a compositora na charla, e ter cultura musical.


Nesta ligazón coa web do colexio tedes a información sobre a charla:  “Unha compositora no colexio”.


5 may 2019

Celtia: Cantamos? cos alumnos de 3º


    Os alumnos de 3º  recibiron a visita da  actriz e escritora Celtia Figueiras. No seu blog dí que "desde ben cativa os contos foron a súa paixón. Ler, escribir e interpretar formaron sempre parte da súa vida". Celtia  é autora dos textos e forma parte das voces dos contos do audiolibro Cantamos? que o  músico e titiritero  madrileño afincado en Galicia Luis Vallecillo publicou para toda a familia. Nos dous CDs do libro combínanse contos, música e pictogramas. Celtia contoulles aos nenos, entre outras, a historia do Marqués de Carabás e unha versión dos tres porquiños que remata dun xeito peculiar e da que podedes uns minutos no video co que se remata esta entrada. 

   Para o libro tamén contou coa colaboración da ilustradora Blanca Millán e  conta co apoio de pictogramas supervisados pola Federación Galega de Autismo.  

 Reseña do libro: Rosi, unha nena á que lle encantan a música e os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!


 Os rapaces e as rapazas de 3º  remataron bailando  con Celtia a canción de Xan sen medo!

29 abr 2019

Anxo Moure: a música das árbores

  O Equipo de dinamización da Biblioteca programou para o 24 de abril, un día despois do día do libro, a visita dun contacontos-animador-ecoloxista e pacifista: Anxo Moure. Foi para educación infantil e para os de 2º de primaria do colexio e os rapaces pasárono xenial. Os de 2º de primaria estiveron lendo e traballando o libro do "Caramulo". As aulas de educación infantil leron o libro "O carballo con botas" e fixeron actividades relacionadas con esta historia e que xa vos irán contando nos blogs de infantil e na web do cole.

   Anxo Moure (Chantada) é un referente na educación ambiental dos máis pequeños, un  activista da ecología e do pacifismo con mensaxes sobre a natureza e a cultura popular. Como decía  Cicerón fai máis de  2000 anos: "si tes unha biblioteca e un xardín, xa o tes todo!". 
Anxo ten un proxecto que son os Contos na Casa das árbores, de educación ambiental e dinamización cultural no alto dun castiñeiro  e un  carballo na aldea de Chantada na que vive e que usa como aula de educación ambiental y biblioteca. Levounos alí nunha viaxe imaxinaria en avión...

  En este montaxe de video intentei recoller en apenas uns minutos unha moi pequena parte do que fixo Anxo para os nenos. Sí é todo o que está, pero non está todo o que foi...Hai que velo!
 
 En este outra montaxe tedes fotos durante  o contacontos.

 Moitísimas grazas Anxo por compartir con nós esta mañán!
Si tienes un jardín y una biblioteca, tienes todo lo necesario.
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero
Si tienes un jardín y una biblioteca, tienes todo lo necesario.
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero

28 abr 2019

No día do libro: unha porta, unha aventura!

  Para conmemorar o  Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo  que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio. 
 

  Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!


  E falando de libros, portas e aventuras estos días chegou ás miñas máns o artigo "La aventura es la aventura" do escritor e académico Arturo Perez-Reverte sobre como as lecturas infantiles e xuveniles definen "o territorio vital de cada un, unha especie de plantilla sobre a que se sitúa o que virá máis tarde, un punto de partida... porque a primeira mirada que diriximos á realidade do mundo fixémola a través dos libros....". Escribe tamén que foi "un rapaz afortunado xa que medrou nunha casa cunha boa biblioteca....con moitas portas onde asomarse á vida antes de comezar a vivila".

    Sempre que vemos unha porta sentimos curiosidade pola súa historia, por ver o que agarda detrás e o mesmo nos pasa cos libros e as súas portadas... E non importa que as portas sexan grandes ou pequenas, novas ou antigas... o importante é o que hai tras elas: abride e pasade!. Todas (ou case todas) agardan para ofrecer unha sorpresa.

18 abr 2019

Unha porta, un conto!

  O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra o 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.
  En esta montaxe podedes ver xa como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)


 

7 abr 2019

Día Mundial da saúde. Exposición

A OMS dedica este ano o Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, á cobertura sanitaria universal que é o seu obxectivo primordial. Para logralo é crucial que todas as persoas poidan ter a atención que necesitan, candoqueira que a necesiten en  todas as rexións do mundo.
Con todo, millóns de persoas seguen sen acceso algún á atención de saúde. E moitas persoas, que se contan tamén por millóns, vense obrigadas a elixir entre a atención de saúde e outros gastos cotiáns, como alimentos, vestidos ou ata un teito.
Desde a Biblioteca queremos colaborar na celebración deste día a través dunha exposición de libros sobre o tema para dar a coñecer a importancia da saúde. 


 

3 abr 2019

Anxela Loureiro: "Choiva de ras" na Maía

   O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra “Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.

 É escritora de literatura infantil e xuvenil que cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Foi membro do grupo folk Saraibas (ao que pertence a canción Chorima que acompaña esta montaxe).  É mestra de Educación Primaria coas especialidades de Ciencias Sociais, Música, Lingua castelá e Lingua inglesa e exerce como asesora de Educación en Valores no Centro de Formación e Recursos de Ferrol.

Traballa como investigadora na recuperación dos xogos tradicionais dende a escola. Iniciouse como escritora en 1978 coa obra de teatro ¡Ollo hai lurpios na horta!, que acadou o premio de teatro Infantil do Ateneo Ferrolán e publicou as seguintes obras de literatura infantil: “Viaxe de ida e volta”, “Laia, a nena da illa” , “Camiño perigoso” ,  “Ota quere voar” entre outras.