8 jul 2015

amadriñamentos lectores

As alumnas e os alumnos de 4º de primaria do Ceip A Maía  fixeron  de madriñas e padriños lectores para os pequenos de infantil. Coordinados pola profe Ana de Extraescolares, que os preparou e moveu entre os dous edificios, durante a hora de ler buscaron distintos espazos dentro e fora do edificio, en salas ou polo xardín xa que calquer sitio é bó para pasar un rato cun bó libro. Unha actividade para fomentar a lectura na que tanto os lectores como os oíntes disfrutaron moito. Tamén participou nos amadriñamentos unha aula de primeiro coa súa profe Natalia.   
 
 

  Esta entrada e outras similares do equipo de Extraescolares estarán tamén na web do cole na páxina de Actividades Complementarias  .

No hay comentarios: