O noso cariñoso "ata pronto" a unha gran directora e mellor persoa, que se xubila este ano despois de toda unha vida dedicada á docencia. Unha muller pequena, como ela misma se defineu na súa despedida, pero grande en tódolos demáis aspectos, tanto profesionais como persoais, e coa que sempre contamos como unha compañeira máis. Grazas Lita!.
Agradecerlles tamén a Isabel e Mari Luz o seu eficaz e complicado traballo como membros do Equipo de Dirección saínte e a súa axuda e colaboración. Tamén queremos desexarlles boa sorte as compoñentes do novo Equipo (Isabel, Rosa e María) que comezaron hoxe esta tarefa.
O agarimo que recibimos ao longo destes anos é o rastro que nos deixas. Parabéns Lita!
Unha aperta e boa sorte nesta nova etapa!
unha muller con moitas facetas! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario