8 ene 2024

Concurso de postais de Nadal

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo, como unha das actividades conmemorativas deste Nadal, elaborar unhas postais cos nosos mellores desexos nestas datas e prosperidade para o ano 2024. A participación era voluntaria, máis para animar aos pequenos e pequenas a participar, desde o Equipo de Biblioteca ocorréusenos a idea de facer un concurso de postais. Nos días previos ás vacacións de Nadal preparamos unha exposición de todas as postais participantes, no centro. Aquí vos deixamos unhas fotografías cos traballos e o alumnado que resultou premiado:
Ed. Infantil: alumnado de 4º B
1º ciclo Ed. Primaria: Lucas, 2º B
2º ciclo Ed. Primaria: Clara, 4º A
3º ciclo Ed. Primaria: Iria, 5º C

6 sept 2023

Benvidos ao novo curso 23-24

Dende a Biblioteca Agustín Fernández Paz do CEIP A Maía queremos darvos a benvida a tod@s e desxesarvos un curso estupendo. Este ano imos adicalo ás Olimpíadas. A ver se estades en forma!

7 jun 2023

Arrecende a verán!

 

Xa recende a verán e os libros tamén o saben. Seguro que xa tes preparado unha gran cantidade de libros para que che acompañen durante este verán, pero se quedas sen ideas, aquí deixamos unhas recomendacións.

 

Desexamos que este verán viaxes moito a través destas historias.











 

10 may 2023

SEMANA DO LIBRO

Como xa sabedes este ano levamos a arte por bandeira pero hai unha que ten unha semana especial, a literatura, que este ano fusionouse coa que leva todo o curso acompañándonos, a sétima arte, o cine. 
 
Pero sabemos que isto non é a primeira vez que ocorre xa que hai unha longa lista de libros que pasaron a grande pantalla e así nolo demostraron as alumnas e alumnos deste centro.















3 may 2023

TALLER DE RECICLAXE



          Onte viñeron a visitarnos dúas persoas especialistas en reciclaxe. Ensináronos que é moito mellor


reutilizar materiais que tiralos ao lixo e cando non sexa posible tiralo ao contedor que indicado.


            Logo tivemos a sorte de poder ver todos os materiais que realizaron.

 

Eran preciosos!




Moitas das persoas participantes levaron un montón de ideas para as súas mascotas.





25 abr 2023

BERTA DÁVILA E PERE TOBARUELA



As maiores e os maiores lectores do centro recibiron as visitas de dous grandes escritores: Berta Dávila  

e Pere Tobaruela.



Antes desta visita o alumnado de 5º descubriu porque Demetrio perdeu a súa chispa. Segundo nos

contaron os e as grandes lectoras, un grande amigo de Demetrio chamado André fará todo o posible

para que a recupere. Que se lle pasará pola cabeza a André para poder axudar ao seu amigo?
















Por outra banda, o alumnado de 6º de primaria, conseguiron resolver a “Misión Rosalía” xunto con

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il. Pere díxonos que este equipo de Formigas non é a primeira

vez que traballan de maneira conxunta para resolver estes misterios polo que agora quedamos con

moitas ganas de saber en que máis aventuras van a enfrascarse.












Estaban atentísimas e atentísimos!
























CINE CON PERSPECTIVA


            O martes 25, o alumnado de 6º de Primaria, recibiu unha gran visita de dúas compañeiras coas que visualizamos 6 curtametraxes e logo falamos en profundidade sobre cada unha delas. Dúas delas temos a sorte de poder visualizalas máis veces.



As curtas foron as seguintes:

  • Island

  • On les cocodriles

  • The solohists

  • Spoon

  • Cua de Sirena


  • Purl 




22 feb 2023

Respecto polas diferencias

O xoves, 26 de xaneiro, as alumnas e alumnos de 3ºC representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulábase "Respecto por las diferencias". Como público asistiron as aulas de primeiro, segundo e terceiro.  














1 feb 2023

Que tempo vai hoxe?

          Para atopar resposta a esta pregunta falade co alumnado de 4º de primaria e 6º de educación infantil, xa que dende o mes de xaneiro son unhas expertas e expertos en metereoloxía. 

E como conseguiron isto?

            Nada máis e nada menos que da man de Diego Viaño, presentar do tempo da TVG.


6º A e B de infantil estiveron moi atentas e atentos. Mirade ... 







Aquí está o alumnado de 4º primaria.






Moitas gracias pola visita!