29 ene 2014

ESTREAMOS MOBILIARIO!


    Fai uns días estreamos novo mobiliario no recanto de primeiros lectores. Mesas amplias de cor claro que fan a zona máis luminosa e cadeiras máis grandes, cómodas e ergonómicas. Escollimos estas de cor vermella xa que son máis  axeitadas para este recanto .
   Ler cómodos e nun recanto acolledor, agradable e luminoso tamén é un xeito de fomentar a lectura... Pouco a pouco iremos acondicionando máis zonas.






26 ene 2014

12 ene 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

    Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 en Os Vilares-Guitiriz. É o autor do poemario "NIMBOS", a única obra que quixo publicar e que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Ten varias obras inéditas e unha enorme labor coma tradutor.
   




    Con esta presentación elaborada desde a Biblioteca escolar queremos achegarnos á súa vida e obra, marcada pola natureza e o entorno das terras chairegas onde naceu hai xa 100 anos.




clicar para ver


   Tamén vos poño aquí unha banda deseñada moi interesante que está na páxina monográfica elaborada pola Xunta para conmemorar a Díaz Castro.
   Ademáis da influencia sobre outros escritores, tamén se levaron a cabo outras manifestacións artísticas sobre a obra de Díaz Castro, como esta versión musicada por MINI E MERO do seu poema PENÉLOPE onde X.M. Díaz Castro reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida pero sin perder a esperanza . (a canción comeza no minuto 1:30)

 
Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

 e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.



Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.



Traguerán os camiños algún día

 a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.





Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

-------------------------------------------------------------------------------------
  Para saber máis sobre a vida e obra do poeta , aquí tedes tamén o enlace co monográfico da Xunta:
 
clicar para ver