29 abr 2018

365 días da Muller Traballadora no Día do Libro

   Ben é certo que o 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora, pero todos sabemos que non é só un día senón todo o ano. Igual pasa o 23 de abril co Día do libro. E por eso este ano todos os alumnos fixeron un gran traballo de investigación sobre as mulleres, os seus logros e traballos ao longo do tempo.
   Os máis pequenos con axuda das familias partiron das mulleres máis cercanas a eles, as súas superheroinas: nais, avóas, tías, irmáns...
  Os maiores foron ampliando e buscaron mulleres galegas, españolas e internacionais, por todolos campos: ciencia, investigación, literatura, cine, música, deporte, danza, pintura,  tecnoloxías... de onte e de hoxe.

    Todos estes traballos foron postos finalmente en formato libro e agora están expostos na Biblioteca: á vosa disposición. E tamén premendo en cada portada.

   Non están todas as que son, pero sí són todas as que están!!!  

mulleres galegas de onte e de hoxe
galegas nas letras, nas artes e na ciencia

mulleres na ciencia (infantil)
mulleres: as nais de 1º

día da muller traballadora: as nais (infantil)
mulleres na ciencia e na tecnoloxía

mulleres na literatura e no cine
mulleres na música, danza e pintura

mulleres na pintura española
mulleres no cine español

mulleres no deporte
nais, tías,irmáns, primas... de 2º
 
as superheroinas de 3 anos

A narradora Charo Pita na biblioteca da Maía

   Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril os nenos de infantil e os de 3º de primaria, tiveron a visita da narradora e escritora Charo Pita quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!. Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin. Esta actividade tamén está na web do colexio e nos blogs de infantil.

    Neste video tedes uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:

  Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.


  E de remate, o maravilloso silencio que queda depois de escoitar tantos contos!


Algúns dos contos que nos contou Charo:
  • Quén pode vencer ao vento?. Charo Pita. (OQO)
  • Maxia.  Charo Pita (OQO)
  • El ratón que quería un palacio. Charo Pita  (Ed Malas Compañías)
  • ¿Un caracol? de Guido Genechten (Ed Edelvives) (Fíxolle unha canción)
  • Cucú tras de animales del mar (Ed SM) un conto tradicional africano dos animáis do mar.
  • Pío, pío, diversión pop up (Ed Combel) utilizou as imaxes para a historia do pitiño que foi buscar o arco da vella para devolverlle o sorriso á lúa.
  • Velliñas. Charo Pita (OQO)

27 abr 2018

Os Bolechas e o voluntariado

  A Concelleira de Voluntariado, Isabel González, e o técnico municipal de Voluntariado, Rubén Ramos, entregaron nos centros de Educación Primaria e nas bibliotecas municipais do Concello, un novo libro dos Bolechas centrado no mundo da acción voluntaria para dar a coñecer o significado do compromiso social e da solidariedade. Ler toda a información na páxina do Concello, premendo AQUÍ.

   Algúns dos voluntarios da Biblioteca recollendo os libros de man da Concelleira e o técnico municipal.
"OS BOLECHAS APRENDER A SER PERSOAS VOLUNTARIAS"

   O libro está editado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e quere ser unha guía didáctica coa que achegar aos pequenos o mundo do voluntariado para lograr que se comprometan e participen, na consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria.




26 abr 2018

Remodelación na Biblioteca

    Fai uns días o Equipo de Dinamización fixemos unha gran  remodelación na Biblioteca, repoñendo mobles para ampliar a nosa capacidade e reubicando libros...
 
   Houbo que pechar durante uns días para colocar todo...
   Foi imprescindible a axuda dos alumnos colaboradores da Biblioteca!
 
E, por certo, ese refrán que dí que "o saber non ocupa lugar"... anda un chisco descamiñado.
Así estaban as zonas remodeladas, aínda sin libros...

Pasade a visitarnos: así quedaron agora estas zonas!


25 abr 2018

Animación á lectura


   Fai uns días alumnos de 6º  que colaboran na Biblioteca pasaron por clases de primeiro para ler un conto aos nenos.




13 abr 2018

XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

 

  Se tedes ocasión de achegarvos a Pontevedra, queremos recomendarvos as actividades previstas no XIX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
   Con este cartel a viguesa Ana Villegas, gañou o 1º Concurso Internacional de Ilustración do Salón que se celebra do 6 ao 29 de abril co lema "Mulleres de Conto". O certame, con participantes de moitas partes do mundo, foi convocado por Galix e polo Concello de Pontevedra.

  • Contacontos, obradoiros gastronómicos, visitas guiadas polo salón

  •  cine, espectáculos musicais, concertos....

  • presentación de libros, sinaturas, obradoiros a partir dos 3 anos...

  O tema desta XIX edición do salón é "MULLERES DE CONTO" e con el pretenden render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil: desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias...

"Escritoras, ilustradoras, nais, madrastras e avoas que contan contos para ir durmir, editoras, narradoras, mestras, bibliotecarias, libreiras, mediadoras, impresoras, distribuidoras, encadernadoras, deseñadoras, tradutoras, xornalistas, animadoras, xestoras, investigadoras, protagonistas (que loitan por dárlle a volta ao conto), personaxes eternamente secundarias, fadas e princesas (que non o queren ser), mouras, sereas, bruxas, lavandeiras, e tantas outras....."