28 nov. 2017

Día da Infancia, dos Dereitos Humanos e da Violencia de Xénero

    Durante a semana do 20 ao 24 de novembro traballamos nas aulas o Día da Infancia, os Dereitos Humanos e da Violencia de Xénero


    Para elo fíxose unha exposición de libros na Biblioteca  (informativos, de narrativa...) para que o profesorado e alumnado os poidera atopar doadamente.




    Este curso ademáis contamos coa colaboración do concello e a súa campaña "Punto de igualdade" que nos aportou material para traballar o tema da igualdade de xénero (ver entrada anterior).

27 nov. 2017

PUNTO DE IGUALDADE

    Dentros dos actos pola igualdade e contra a violencia de xénero que se realizan no Concello de Ames, está a creación dunha Biblioteca sobre o tema, que foi presentada, entre outras, pola directora do Centro de Información á Muller de Ames (CIM), María Teresa Arufe. Con esta iniciativa que se chama PUNTO DE IGUALDADE búscase promover a través destes libros o respecto, a igualdade e a seguridade en si mesmas das alumnas e alumnos do Concello para que sexan capaces de cambiar  o mundo no que viven.
  


18 nov. 2017

Contacontos de outono

   Os equipos de dinamización de biblioteca e extraescolares colaboraron para facer unhas sesións de contacontos a cargo da profesora Mavi. 

  A biblioteca quixo participar mostrando  libros que fan referencia a esta época do ano: unha escolla de libros de outono, samáin...
    

 Como este ano a exposición das cabazas realizouse na cristaleira do 2º andar, alí foi onde se fixeron estas lecturas, nun ambiente moi axeitado.

                           Sobre todo, os máis pequenos quedaron encantados!


13 nov. 2017

Colaboradores de 6º na Biblioteca



 
O alumnado de 6º de Ed. Primaria colaborará un curso máis coa biblioteca. Para elo en setembro realizaron un curso de educación documental.

  Así aprenderon a orientarse e a coñecer onde se colocan os distintos libros e materiais para poder axudar e recomendarllos ao resto do alumnado.


 Moitas grazas a todos/as pola vosa IMPRESCINDIBLE axuda!.


Novos usuarios autónomos

 
    Como tódolos cursos, a biblioteca abre as súas portas para o alumnado de primeiro nivel que por primeira vez pasan a ser usuarios autónomos da biblioteca.



    Ao longo destes primeiros meses son recibidos polo profesorado do Equipo da Biblioteca que a atende nos recreos . 


  Aínda que xa estaban acostumados a usar a Biblioteca desde infantil, agora dan un paso máis como usuarios autónomos e eso conleva unhas novas normas que deben coñecer e respetar.

 
   Pouco a pouco ensínanselles onde están os libros máis axeitados a súa idade, como se piden en préstamo e como se devolven. 

   





BIBLIOTECA PARA NAIS, PAIS E FAMILIAS

  Estimadas nais, pais, familias,

   Durante este curso o noso centro quere poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques,  aprender, reflexionar  e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentouse seleccionar libros con  unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.

  
 Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h.

 Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.

 O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.





 (Empezamos con estes sete libros que se irán ampliando ao longo do curso e neste PDF podedes ler máis información sobre cada un deles)