25 ene. 2015

"SÉ MÁIS AMABLE DO NECESARIO"

    "Cando poidas elixir entre ter razón e ser amable, elixe ser amable". "As palabras amables non costan moito, pero consiguen moitas cousas". "Fai todo o ben que poidas, por todos os medios que poidas, de todos os modos que poidas, en tódolos sitios que poidas, todas as veces que poidas, a toda a xente que poidas e mentras poidas".
   Estes "preceptos", como lles chama  R.J. Palacio, a autora de "La lección de August"  están no libro que vos quero recomendar hoxe e que cando o atopei non puiden soltar ata rematalo.... Certamente non é un libro "agradable" e nin siquiera está catalogado como infantil e xuvenil, pero esta historia orixinal e conmovedora narrada por un rapaz de 10 anos que naceu con unha cara diferente e que se enfrenta por primeira vez a escola, pode ser lida, ou escoitada, ou comentada polos rapaces máis novos. Un libro que emociona desde a primeira páxina e que te fai pensar ...

   
     E agora que nos colexios estamos a preparar actividades para o Día da Paz, igual sería convinte lembrar que a paz pode estar nunha palabra amable, nun xesto de respeto, en ser capaces de poñernos no lugar dos outros, dos máis débiles e desfavorecidos...
    
     E xa vos digo que acaba de sair a continuación: "La historia de Julián".

ARTE XEOMÉTRICA

   Este traballo que relaciona Arte e  Xeometría   foi realizado ao longo do primeiro trimestre a proposta do Equipo de Dinamización da Biblioteca. Como motivación puxemos nas fiestras unha serie de láminas co fixon obras sacadas dos libros que colocamos nos expositores da Biblioteca.  Os rapaces tiñan que facer as súas propias composicións e colgalas nos corredores do colexio. Empregaron distintas técnicas e materiais: dibuxos, collages, pinturas, papel, pedras, lás, paus, cunchas, botós, madeira, area do patio, area de lúa!, elementos naturais e outros de uso cotiá...
      Ademáis os alumnos de 6º de primaria empregaron as súas obras para facer unha postal dixital no Nadal (clicar aquí para vela). E os maiores de infantil escolleuron traballar cos mandalas (clicar aquí) e o land art, con intervencións colaborativas no patio e nos xardíns do colexio e ademáis coñeceron o concepto de "arte efímero" xa que as súas composicións desapareceron coa chuvia e  "os elementos....". No kizoa vese ademáis como os alumnos dunha clase interveñen sobre as obras realizadas polos seus compañeiros...

    O resultado, tanto en infantil como en primaria, está reflexado aquí neste kizoa e no video.

composicións de infantil

                                                         composicións de primaria

10 ene. 2015

CHARLIE HEBDO

    Os dibuxantes de todo o mundo renden homenaxe aos seus compañeiros da revista satírica francesa Charlie Hebdo asasinados ... por pensar e debuxar. En este enlace podedes ver  máis viñetas.
Aquí están só unhas poucas...
   


que é esta pequena arma, que nos fai tanto dano?








onte-hoxe-mañán
A liberdade guiando o pobo... (o orixinal é de Delacroix)

3 ene. 2015

Teatro e visita dos Reis Magos

    A véspera das vacacións de Nadal os Reis Magos de Oriente visitaron aos alumnos de Infantil e primeiro ciclo despois de que estos asistisen na Biblioteca a unha obra de teatro representada polos seus compañeiros de 3º de Primaria. Os pequenos actores e actrices da clase de María subiron ao escenario coordinados pola profesora Arancha de Extraescolares.

    En este video podedes ver o  primeiro  pase da representación teatral dunha historia de Belén polos nenos e as nenas de 3º. Agradecémoslle aquí o seu esforzo. Parabéns rapaces!


    E, neste outro, a visita dos Reis Magos para a que contamos coa "colaboración e axuda" dos membros da directiva da Ampa do Colexio. Moitas grazas Maxestades e colaboradores!.


  Varios momentos dunha xornada na que tan emocionados estaban os do público como os que pasaban polo escenario.