30 jun 2015

Guía de verán

   Guía de lecturas para o verán elaborada polos equipos das Bibliotecas dos  Centros Públicos de Ames

24 jun 2015

Revista Escolar do Ceip A Maía

PREMIOS LITERARIOS DOS ALUMNOS

   Como en edicións anteriores alumnos e alumnas do noso centro participaron nos Concursos Literarios e resultaron premiados varios deles: Iria Pérez, Raúl Jiménez e Natalia Paz no Certamen Intercentros do Concello de Ames e Manuel Mosquera o 1º premio na categoría de 12 a 18 anos no do Concello de Negreira. E son "reincidentes"!  Nos issuus do final da entrada podedes ler os relatos e poemas premiados.

PARABÉNS RAPACES:  POLO PREMIO E POLO ESFORZO !
Iria, Natalia e Raúl en Ames

Manuel Mosquera en Negreira



Xosé Vizoso no Ceip A Maía


   Recibimos a visita de XOSÉ VIZOSO deseñador, ilustrador, pintor, escultor ...  Un ARTISTA polifacético falando cos rapaces e rapazas de 6º do noso colexio.
   Vizoso naceu en Mondoñedo en 1950, pero vive en Brión desde 1992 onde deseñou os carteis para a Santa Minia.  Traballou moitos anos na cerámica de Sargadelos onde tivo coma mestre a Isaac Díaz Pardo, desde fai 30 anos como deseñador do Grupo Sargadelos. Despois estivo no Instituto Galego de Información (IGI), en Santiago.

 
 (Na revista do colexio púxose máis información. ler +)

Sacado dunha entrevista onde conta a súa infancia e os seus inicios: "O primeiro libro que ilustrei foi no ano 68; fixen uns debuxos para un libro de xeografía dun compañeiro en Bacharelato.  Nos primeiros setenta ilustrei un libro que saíu na editorial Celta dun profesor no seminario: “Terra húmeda”. Logo xa comecei a ilustrar para Edicións do Castro; o primeiro libro foi A saga dun afiador, de Xosé Fernández Ferreiro; de Neira Vilas ilustrei moitos, o primeiro De cando Suso foi carteiro. Debín ilustrar arredor de 60 libros ou máis de xente como Marica Campo, González Laxe, Xosé Agrelo Hermo, Concha Blanco, Úrsula Heinze ou Daniel Cortezón. Tamén fixen ilustracións para a revista de poesía Dorna".... ler máis +


Xosé Vizoso cos rapaces de 6º.  Máis na web do colexio:  premer  AQUÍ



 
     Ao longo da súa traxectoria ilustrou libros de Neira Vilas "De Cando Suso foi carteiro", "Chegan forasteiros", en pezas teatrais de Eduardo Alonso "O país acuático", en murais contra a represión franquista... Un dos seus traballos máis recentes é a creación da cuberta para as memorias de Luis Tobío, "unha das figuras clave do renacemento cultural galego do século XX". 














  Sobre o seu traballo como ilustrador Vizoso díxo que a inspiración, de habela,  ten que pillarte traballando e que  tés que facer moitos bocetos, centos incluso... e  tés que documentarte, investigar, darlle voltas , probar e descartar ata atopar o mellor resultado.... Ademáis a súa intención é crear un arte que nos vincule co mundo cultural galego.
 


    

  









o taller dun artista....



VISITA DE DAVID F. SIFRES

    Este curso as aulas de 4º de primaria leron, comentaron  e traballaron co libro de David Fernández Sifres  "Que vienen los marcianos". Sifres naceu en León no 1976. É licenciado en Dereito e funcionario da Escala Superior de Técnicos de Tráfico e compaxina este traballo coa súa vocación literaria.      
  Comezou escribindo relato curto, xénero no que foi galardonado en case unha veintena de ocasións, e nos últimos anos adicouse a literatura infantil e xuvenil, onde gañou o Premio Alandar de literatura xuvenil 2011, que concede a editorial Edelvives, pola súa novela "O faro da muller ausente", e o Premio Á Delta de Literatura Infantil 2012, da mesma editorial, por "Un intruso no meu caderno". En 2013 gañou o Premio Barco de Vapor 2013 coa súa obra "Luces na canle".


    Reseña de "Que vienen los marcianos" : o libro trata de tres amigos, Pancho, Teban e Joseque, que escoitan dicir no seu pobo que van vir os marcianos, e pensan que se non lles fan unha boa benvida, vanos invadir. Así que deciden preparárllela, sen que ninguén se entere, pero en medio de tanto segredo rematan metidos nun montón de lios...






   Debuxaron os protagonistas  e traballaron máis cousas do libro: se as queredes ver están na revista do colexio.







Rolda de preguntas con David na Biblioteca

David coa nave dos marcianos

Rosa, Mª José e Manoli con David