14 sept 2014

Ceip A Maía inicio do curso 2014-2015

Co lema "O CONTORNO COÑECIDO É O MÁIS QUERIDO" iniciamos no Ceip A Maía un novo curso cheo de espectativas interesantes e desde a Biblioteca intentaremos ofertar proxectos que se encaixen dentro de este tema. Sempre  é máis interesante partir do coñecemento do que temos a carón para máis adiante abarcar outras cousas:

    Non podemos pretender concienciar ós nenos  de que coiden o planeta , se desde pequenos non lles facemos ver a necesidade e a realidade de pequenos proxectos no seu propio entorno tanto físico coma socio-cultural.

   
  Pensando en pequeno, faremos que os nenos de hoxe pensen en grande o día de mañá…

   
   







  A palabra edificio quere dicir facer lume (do indoeuropeo æde, lume e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando se segue dicindo fogar á vivenda. Da orixe do nome parece desprenderse que os primitivos serviron para albergar o lume, evitando que o apagasen a choiva ou o vento, pois non era sinxelo acendelo. Agora mesmo somos testemuñas da construcións de edificacións verdes, en consonancia co medio ambiente. “Vivir amigablemente” é o lema que promoven os promotores destas construcións, co obxectivo de preservar a saúde do ser humano e protexer o ecosistema.

          
   Hai que buscar a harmonía entre os edificios e os seus ocupantes, tanto nas vivendas coma nos centros educativos, reducindo ou eliminando o impacto negativo que teñen as construcións no medio ambiente.

     O ambiente de aprendizaxe é algo máis que un edificio, unha disposición do mobiliario ou unha colección de centros de interese. O centro escolar debe funcionar como un ERGOSISTEMA SAUDABLE no que as interaccións entre o contorno e as persoas se desenvólvan de xeito frutífero, pedagóxico e seguro .

   En cambio no noso caso parece claro que a presión sobre o centro favoreceu as consecuencias tráxicas da urbanización no contorno escolar: máis nenos fixeron necesarios máis edificios e polo tanto reducíronse cada vez máis os espazos verdes… Por eso temos a obriga de conseguir un entorno escolar de calidade medioambiental:

Conservamos  só o que amamos
amamos  só  o que entendemos
entendemos  só o que nos enseñaron.

Por outra banda o concello de Ames ten na súa web esta interesante páxina que nos achega tanto ao contorno físico como ao patrimonio socio-cultural.

http://www.concellodeames.org/index_mapa.php