29 dic 2011

        Este ano celébrase o cincuenta aniversario da publicación en 1961 do libro  "Memorias dun neno labrego". Vai xa pola 34º edición en galego e leva as ilustracións de Isaac Díaz Pardo. Deste libro fixéronse traduccións ós idiomas castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, alemán, romanés, chinés, ruso... (As cartas a Lelo editaronse por primeira vez no 1971, coas ilustracións de Luis Seoane)

         O autor, D. Xosé Neira Vilas, visitou o centro o  pasado 9 de decembro  para  compartir a mañán cos nenos e nenas do 3º Ciclo e respostar ás súas preguntas. Ó longo da mañán e durante dúas sesións, falounos da súa vida, desde a súa infancia na parroquia de Gres e da relación desta coa súa obra. Falou da emigración, do idioma galego e dos 43 anos que viveu fora. Para oilo, podedes clicar aquí e ver o video da visita. Os nenos presentáronlle dibuxos, poemas, murais e outros traballos que realizaron despois de ler as Memorias e as "Cartas a Lelo", que xunto con "Aqueles anos do Moncho" forman unha triloxía imprescindible. Os nenos  amosáronlle uns libros-homenaxe que fixeron. Tamén nos dou unha primicia xa que pronto vai publicar unha nova novela, que levará por nome "Esperando ao leiteiro". Durante a mañán, despois das charlas na Biblioteca e acompañado polos profesores do 3º Ciclo, percorreu o Centro vendo os traballos e dibuxos que os rapaces tiñan expostos nos corredores  e pasou pola aula de 6º C que leva o seu nome.




                    Os nenos asománse agora por primeira vez ao mundo de Balbino e Lelo e moitos mestres recordaron aquelas primeiras lecturas que nos achegaban á memoria dun mundo que, como dí Neira Vilas, xa case só pertence a unha xeración que medrou sin teles, sin móviles e sin ordenadores... pero con todo un mundo por diante e moitas gañas de coñecelo...   

22 dic 2011

Discurso de Agustín Fernández Paz en México

"LEER PARA TRANSFORMAR O MUNDO"  

       Queremos compartir con todos vos o fermoso discurso que, con este título tan suxerente, pronunciou  Agustín  o 29 de novembro de 2011 durante a recollida do VII Premio Iberoamericano  SM de literatura Infantil e Xuvenil. No blog de Xerais está a gravación do discurso, realizada por Xulio Abollo.




Quero destacar do discurso algunhas frases  moi interesantes:

"A lectura non só nos axuda a medrar como persoas, senón que tamén é imprescindible para construir unha sociedade mellor, máis xusta, con cidadáns críticos e responsables."
"todas as persoas necesitamos historias, todas temos sede de palabras: coma se fose unha característica inscrita no ADN da humanidade".
 "lingua e infancia levanme aos meus anos en Vilalba, cando asistín á creación do mundo e fun descobrindo os nomes das cousas, nese maravilloso proceso que se repite nos primeiros anos de vida de calquer persoa"

"a lectura é un pracer que esixe tempo e constancia. Por iso a súa promoción ten que formar parte das prioridades estratéxicas de calquer sociedade democrática. É importante que as administracións apoien, dunha maneira decidida, leis e medidas que favorezan a biodiversidade cultural"

"a lectura é un pracer que esixe tempo e constancia. Por iso a súa promoción ten que formar parte das prioridades estratéxicas de calquer sociedade democrática. É importante que as administracións apoien, dunha maneira decidida, leis e medidas que favorezan a biodiversidade cultural"

 
Aquí tedes o documento publicado por Xerais co texto  completo do discurso de Agustín:




12 dic 2011

VISITA DE D. XOSÉ NEIRA VILAS

      “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…” con estas palabras comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega  “Memorias  dun neno labrego” que este ano vén a cumprir 50 anos da súa publicación (1961).

O pasado venres día 9 de decembro, os nenos e nenas do 3º ciclo tiveron o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do best seller galego, D. Xosé Neira Vilas.

        Deste libro fixéronse traduccións ós idiomas castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, alemán, romanés, chinés, ruso,…Ate o ano 2009 levábanse publicado á beira de 600.000 exemplares, polo que a estas alturas e coas reedicións conmemorativas polos 50 anos do libro, seguramente que as publicacións se incrementaron considerablemente.

Os de 5º fixeron distintas actividades arredor do libro “Memorias dun neno labrego” e os de 6º fixeron o mesmo co de “Cartas a Lelo” (que con “Aqueles anos do Moncho” conforman a triloxía que leva por nome O Ciclo do Neno), e sobre estos libros fixéronlle moitas preguntas ao autor, que ademais nos falou da súa propia vida  e comparou a súa infancia coa de Balbino .

Para acadar máis información acedimos á páxina persoal do autor:

Fundación Xosé Neira Vilas (clica na imaxe)

          Clicade  na imaxe para aceder ao video que fixeron os titores do 3º ciclo durante a visita de Don Xosé Neira Vilas ao Ceip A Maía. Percorreu os corredores onde os titores e os alumnos lle foron amosando unha  parte dos  traballos que tiñan expostos.

video realizado durante a visita, por P. Fontarigo

11 dic 2011

COLABORANDO CO BUBISHER NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

       10 DE DECEMBRO - DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
        
 "63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

        Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

         Mais, aínda así, cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con rodas (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

     E, con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

Bubchir بوبشير (o da boa nova)


* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.



*Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


         Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas."

Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

29 nov 2011

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2011

        O escritor, ex-senador, economista e académico José Luis Sampedro acaba de gañar hoxe o  Premio Nacional das Letras, que concede o Ministerio de Cultura en recoñecemento á súa traxectoria literaria e ao conxunto da obra dun autor español 
        Este premio, o máis prestixioso co Cervantes dos que se conceden en España , reconoce a obra de José Luis Sampedro nacido en Barcelona no ano 1917 , que leva publicado novelas e obras de teatro desde ai máis de cincuenta anos, ademáis de exercer como docente durante décadas. 
         A súa infancia transcurreu na cidade internacional de  Tanxer: "unha cidade que xa non existe, nun país que entonces non existía",  xa que daquela a cidade era un protectorado cunha poboación moi variada que estaba rexido por moitos paises, e que hoxe está integrada en Marrocos. Da súa infancia que pasao en Tanxer  ata os 13 anos, recorda sobre todo o patio do seu colexio.

          Con 94 anos, o autor entre outras moitas obras de "O sorriso etrusco" acaba de conseguir o seu primeiro premio "oficial", otorgado "pola súa traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo». Este premio confirma o que xa tiña dos seus lectores.  

       Sampedro é autor de obras económicas como "Principios prácticos de localización industrial" ,"Realidade económica e análise estrutural" ,"As forzas do noso tempo" ,"Conciencia do subdesarrollo" ,"Inflación: unha versión completa ,"O mercado e a globalización", "Sobre política, mercado e convivencia" , e "Economía humanista. Algo máis que cifras" .


         O Ministerio de Cultura destaca entre as súas obras algunhas consideradas "claves" da narrativa española de fin de século, como "Outubro, outubro" (1981), "O sorriso etrusco" (1985), "A vella sirena" (1990), "Real Sitio" (1993), "O amante lesbiano" (2000), "Escribir é vivir" (2003), "A senda do drago" (2006), e "A ciencia e a vida" (2008).
Para saber máis da vida e obra deste autor, clicade nas fotos

e tamén na súa propia páxina persoal


PODEREDES VER TAMÉN INFORMACIÓN SOBRE OS ANTERIORES GAÑADORES DO PREMIO

clic

        

21 nov 2011

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2011

  
Maite Carranza

        Este fin de semana o Ministerio de Cultura acaba de otorgar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil á escritora Maite Carranza por Paraules enmetzinades (Palabras envelenadas).   
     
    Maite Carranza naceu en Barcelona é  licenciada en Antropoloxía, escribe narrativa infantil e xuvenil desde hai máis de 25 anos  é despois de exercer como profesora de lingua e literatura, pasou a ser guionista de televisión e impartir cursos de escritura de guións.  


    Segundo as súas propias palabras pretende  a través dunha obra dura e forte, e cun tema aínda considerado tabú, "darlle voz aos rapaces e moz@s vítimas de abusos sexuais, acalad@s pola vergoña e o medo". Según a autora, a obra é un thriller psicolóxico-policíaco,  que se inicia, coa desaparición dunha adolescente, Bárbara Molina,  que aos 14 años decide fuxir  da casa.  A aventura acaba fatal e a nena remata encerrada nun zulo durante cuatro años, nos que, mentras que ella permanece retida todo o mundo a da por morta. A autora narra «sin ningún tipo de sordidez nin detalles escabrosos»  a dura historia que protagoniza Bárbara.

     No libro hai, según Maite Carranza, "moito respeto polas vítimas,  dor, confusión e desconcerto". Na súa opinión, agora que tanto se fala da violencia de xénero, "éste é o maltrato máis cruel , porque as vítimas están indefensas  e aínda  formando a súa personalidade, polo que un episodio de abuso sexual estropea a súa vida para sempre". Cando a estaba a escribir a autora decideu que "non sería unha novela para adultos, porque sería o camino para que os rapaces non a leeran. Quería dirixirme a eles para que a obra lles servise de alerta e apostei por non ferir sensibilidades".
     
      A obra está publicada orixinalmente por Edebé en catalán e logo nas  linguas cooficiales do Estado -galego-euskara e castelán- e ademáis está traducida áo holandés, ruso, brasileiro, coreano e francés.  A editorial recomenda a obra a partir dos 15 anos.

     Este premio, concedido por el ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros e distingue ao mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado no curso editorial en calquera das linguas oficiais do Estado. O noso autor Agustín Fernández Paz tamén recibeu este galardón nacional no ano 2008  pola  obra "O único que queda é o amor".
E, a tono coa obra premiada, quero lembrarvos:

Que, según a Declaración Universal dos Dereitos do Neno,
os nenos e as nenas teñen:
•dereito ao xogo.
•dereito a la liberdade de asociación e a compartir os seus puntos de vista con outros.
•dereito a dar a coñecer as súas opinións.
•dereito a unha familia.
•dereito á protección durante os conflictos armados.
•dereito á liberdade de conciencia.
•dereito á protección contra o Traballo Infantil.
•dereito á información axeitada.
•dereito á liberdade de expresión.
•dereito a coñecer e disfrutar a súa cultura.
dereito a ser protexidos contra todalas formas de malos tratos,
 explotación e abuso sexual.
•dereito á intimidade
•dereito a medrar nunha familia que lles dé afecto e amor.
•dereito a un nome e unha nacionalidade.
•dereito á alimentación e a unha vivenda.
dereito a vivir en harmonía.

6 nov 2011

"ENTRA E PÁSAO DE MEDO": SAMAÍN

       A Biblioteca apareceunos estos días escura, chea de teas de araña, cos esqueletes disfrazados, bruxas e pantasmas ... e nós seguimos coas actividades sobre o Samaín.

      Aquí podedes ver como temos a Biblioteca.      




{{{     Modest Mussorgsky (1839 – 1881) foi un   innovador compositor ruso do periodo romántico e as súas obras estaban inspiradas na historia, as tradicións e o folclore do seu país. As súas  obras incluen a opera "Boris Godunov", e o poema orquestral "Unha noite no monte pelado"  que sirve de fondo musical a esta presentación.}}}


 OS LIBROS E A LITERATURA DE MEDO

        O medo e as historias de medo sempre foron moi interesantes para os nenos... e tamén para os maiores, xa que coa oportunidade que nos ofrecen as diferentes celebracións tradicionais coma o  Samaín ou máis modernas coma o Halloween, todos aproveitamos para enfrontarnos aos nosos temores. E facémolo empregando a risa e o humor.

         Por outra banda os medos que adoitan afectar aos nenos,  son aqueles relacionados coa soidade. Medo a estar só, á escuridade, aos ruídos fortes, ao monstro do armario, adoitan afectar a todos os nenos nalgún momento. Cos máis pequenos, a miúdo, os contos sérvennos para tratar estes medos. Non só contan unha historia, tamén poden axudarnos a  comprender como se senten e como teñen que actuar. Hai  libros que serven para enfrentarse aos eses medos a través dos protagonistas do conto, por exemplo:

Un pesadelo no meu armario.
Autor: Mercer Mayer.
Editorial Kalandraka.

        Este conto relátanos o medo ao monstro do armario, neste caso convertido en pesadelo. Nel atopámonos cun neno pequeno que, todas as noites, antes de deitarse, botaba a chave ao armario para que ninguén escapase del. Despois, sempre tiña medo a mirar ao armario por se había algo, ata que unha noite foi valente e decidiu enfrontarse ao seu medo. Así, atopouse co pesadelo que saíra do seu armario e estaba na súa cama. Pero lonxe de asustarse, plantoulle cara...


 Cóntame algo alegre antes de ir durmir.
Autor: Joyce Dunbar- Debi Gliori.
Editorial Timus Mais.

       Neste libro trátase o medo aos pesadelos, algo que adoita ocorrer cando os nenos empezaron a soñar e a recordar os soños que teñen. Neste caso os protagonistas son Pina e o seu irmán maior, que axuda a Pina a durmir sen pesadelos dun xeito sinxelo: pensando cousas alegres para non soñar nada malo.












     

Para buscar os libros de medo  que xa temos catalogados,
picade aquí  para ver a lista.

Na exposición  temos, entre outros,  estos libros de medo:

O demo Ratapú
Lobezno
Mi amiga la oscuridad
Tio lobo
O monstro que comeu a escuridade
Na casa do terror
Vampiros
Bruxas
Intriga en Venecia
Quen ten medo ó lobo?
Quen ten medo ás bruxas ?
etc....

1 nov 2011

"ENTRA E PÁSAO DE MEDO" : SAMAÍN E HALLOWEEN

     
         Agora estamos a disfrutar co Samaín e, na Biblioteca, temos unha exposición de medo, con actividades terroríficas relacionadas con esta tradición de orixe celta que agora convive coa celebración do Halloween, unha tradición "importada". Esta festa moderna  en realidade non é tan alléa a nós, senón que é unha tradición de ida e volta que os emigrantes irlandeses levaron a América e que agora retorna con forza.

        En outros blogues do colexio, podedes atopar máis información sobre o Samaín e o Halloween: buscade os enlaces na barra lateral á dereita.

barani1-12.gif (7979 bytes)
<> 
            Para saber máis cousa da historia do samaín celta e coñecer a orixe do personaxe e a lenda de Jack e o seu candil, que aparece na iconografía do Halloween, entrade aquí.

picade aquí

  Como adianto de medo, este é un anaco da película The Nightmare Before Christmas , "Pesadelo antes de Nadal" de Tim Burton coa canción "This is Halloween" (se despregades o menú máis abaixo poderedes ver a letra da canción en inglés). Esperamos que pasedes moito medo!



       O venres  durante o recreo, houbo aglomeracións na Biblioteca para participar na actividade "Entra e pásao de medo", con proxecións de curtas "terroríficas". Tamén estivemos escoitando a música da "Silly symphony: a danza dos esqueletes" do corto clásico  de Disney,  é de  1929, pero aínda nos fai pasar un ratiño divertido.


Aviso para lectores: a Biblioteca está de medo!!!


  
Entrade se vos atrevedes! 
barani1-5.gif (25352 bytes)

Os bolechas e a Biblioteca

        A pasada semana, celebramos o Día internacional das Bibliotecas Escolares e os compañeiros do Equipo da Biblioteca Canistrel do Ceip Curros Enríquez de Celanova prepararon  un vídeo-conto  sobre o libro de Pepe Carreiro  "Os Bolechas queren saber.... como é unha bilioteca".


30 oct 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

      O 4º luns de cada mes de outubro, desde o ano 1997 celébrase o Día das Bibliotecas. Organizado pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  e co apoyo do Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Outubro é tamén o mes das Bibliotecas escolares.
     
      Con esta iniciativa tratase de fomentar na xente a importancia das Bibliotecas coma LUGARES DE ENCONTRO COA CULTURA para os lectores de todalas idades  e tamén como FERRAMENTAS DE FORMACIÓN  e ESPAZOS PARA A CONVIVENCIA. Só con ver estas palabras escollidas: cultura, formación, convivencia, xa nos temos que decatar da importancia das Bibliotecas. 
As Bibliotecas máis fermosas
 do mundo (clic)
 
        Hay grandes bibliotecas, Bibliotecas antigas, fermosas, con edificios maravillosos, cheas de recursos, Bibliotecas mundiais, Bibliotecas que nos impresionan pola cantidade dos seus fondos ou polo seu tamaño, e hai bibliotecas pequenas,  hainas ambulantes, e tamén hai pequenos tesouros agochados que temos a carón e que as veces, por cercanos , pasan desapercibidos...

        Lembro agora unhas  páxinas que me emocionaron, son  do  libro "O nome da rosa" de Umberto Eco. Nelas o protagonista víase inmerso nunha trama que pasaba pola Biblioteca monacal e durante o incendio que abrasaba os libros maravillosos que o rodeaban, choraba porque non era quen de salvalos a todos... Con esas páxinas, sintes a emoción que sinte o protagonista cando pasa a mán polos libros, e choras coma el a perda irreparable de cada pequeno tesouro queimado ... E tamén choras, polos libros perdidos, os esquecidos, os que xa ninguén saca dos seus andeis, os pasados de moda, os que leeron os nosos pais e avós e nos contaron, os libros que nos fixeron como somos e nos construiron coma persoas...

    As  Bibliotecas escolares, como a nosa, non somos enormes, nin antigas, os nosos fondos ás veces son limitados, os recursos escasos e o tempo para facelas funcionar sae moitas veces do tempo libre dos que as poñen a andar... En moitos colexios son incluso ambulantes: andan polos corredores ou por aulas que van quedando valeiras, nos colexios de infantil, cando se construen, nin sequera teñen previsto un espazo pra elas (acaso os pequenos non leen, non aman os libros?...). "Son un neno de infantil... acaso non teño ollos?, non teño máns, sentidos, afectos, pasións... é que non estou nutrido polos mesmos alimentos, ferido polas mesmas armas, quentado e enfriado polos mesmos veráns e invernos que os nenos de primaria?". E que ao amigo Leodoro tamén lle gusta Shakespeare (O mercader de Venecia) 
  
    As Bibliotecas escolares, como a nosa, son  unha peza fundamental nos Centros. Pretendemos abrir unha ventá ao mundo, fomentar a lectura, desenvolver actividades que integren a todo o Centro, e crear usuarios entre outras moitas cousas.... (Usuarios é, por certo, un término que utilizamos nas bibliotecas: usuarios, formación de usuarios... aínda que, para mín, é unha palabra que implica uso, o que significa que tamén pode implicar desuso, desgaste, abandono ... e os libros non son para ser usados, senón para ser amados..., que é o que pretendemos que fagan os nenos e as nenas que nos visitan).


       Hai tres anos,  Agustín Fernández Paz fixo en Santiago un pregón para o día das Bibliotecas “Onde hai unha biblioteca hai unha luz”. Cando lle puxemos o seu nome á nosa Biblioteca, foi tan amable de agasallarnos cunha fermosa frase que está escrita ao longo da parede do colexio .(Picade aquí). 

Non encontro mellores palabras que as súas para falar das Bibliotecas:

"Onde hai unha Biblioteca hai unha luz"
Agustín Fernández Paz

       Abre as portas e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca. Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda.


          Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo quedaría baleiro no noso corazón. Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas. Para que isto non suceda, abre as portas e entra. Ábreas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorpóraste ao río subterráneo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle dá azos renovados”.


        E, para rematar, estos dous videos amosan dúas maravillosas Bibliotecas, algo diferentes ao que estamos acostumados, non deixedes de velas porque elas son verdadeiros faros de imaxinación, forza de vontade  e sobre todo, amor polos libros...    


                             

                                    
                                    Proyecto Bubisher www.bubisher.com from El Bubisher on Vimeo.

26 oct 2011

A MALETA DE LEODORO

A maleta de Leodoro
          Estos días o trasno Leodoro decideu, despois de consultalo cos profes do equipo da Biblioteca, que quería facer unha nova actividade cos pequenos de infantil que están no outro edificio.
        Como xa sabedes, os maiores de primaria están a participar nas MOCHILAS VIAXEIRAS, pero para os máis pequenos ocurreusenos que era máis doado unha MALETA DE VIAXE. 
        Así que Leodoro estivo recollendo contos e encheu unha maleta que ten, de cando vai polo mundo adiante  visitando outras Bibliotecas, ou acompañando aos profes cando asistimos a cursiños de formación, de animación á lectura  ou cando vai de visita á familia (lembrade que Derdrín o trasno de "No corazón do bosque", que escribeu Agustín Fernández Paz, seica é familia del...). 
             Bueno, pois mandoulles tamén unha carta  na que lles conta a idea.  Na maleta meteu libros máis sinxeliños para os de tres anos, e algúns máis longos para os maiores, tamén lles meteu algúns de investigación, contos musicados e tamén CDs.
          

         Trátase de que a leven polas nove aulas de infantil, que os teñan uns días en cada clase e logo que os pasen. Agora a maleta está na clase de 6º C, que son os de 5 anos, encantoulles e  están a disfrutar destes novos contos que lles mandou Leodoro.

  Foi toda unha sorpresa cando a abriron e viron que estaba chea de
 contos!
Remexeron nela como se buscasen no baúl dun tesouro!

Iremos engaíndo as fotos dos pequenos lectores cando a maleta vaia pasando polas demáis clases! 

23 oct 2011

Educando para a saúde


Exposición na Biblioteca

    Este curso o  Ceip A Maía escolleu como lema artellador das actividades que se van levar a cabo "UNHA META A ACADAR: SAÚDE E BENESTAR". Desde a Biblioteca fíxose unha escolla de libros relacionados cos aspectos fundamentais que abarca :
  • alimentación,
  • hixiene,
  • deporte 
  • tempo libre. 

Case nada!
En esta presentación podedes ver algúns dos libros escollidos e o motivo polo cal foron seleccionados e que están na Biblioteca á vosa disposición.
Esperámosvos!