24 feb. 2015

Rosalía no Concello de Ames

   
    Desde o Servicio de Normalización Linguística do Concello de Ames están a realizar actividades para difundir a figura de Rosalía de Castro. Hoxe as 20:00 terá lugar un acto poético-musical  no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e o día 8 de marzo farán unha excursión á Casa de Rosalía de Padrón. 
(Polo que nos comunicaron, o concello pon os buses e cada persoa aboará a entrada da Casa-museo)
Para máis información sobre estos actos e o horario da excursión podedes contactar con normalizacion@concellodeames.org

Doodle de Rosalía de Castro

   
O buscador de Internet Google dedícalle hoxe, 24 de febreiro de 2015, o seu doodle” (unha imaxe coas letras do seu logo) a Rosalía de Castro, con motivo do 178 aniversario do nacemento da autora. Vese un retrato da escritora, o noso escudo e un anaco do seu poema "adiós ríos, adiós fontes..."   Ademáis o doodle enlaza con case 700.000  entradas  sobre Rosalía nas que atoparedes moita información sobre a autora.

premer para entrar

21 feb. 2015

novas adquisicións na Biblioteca

    As novas adquisicións da Biblioteca están a esperarvos. En este kizoa podedes ver  as portadas e ademáis ler  unha pequena reseña.   Contos rimados, aventuras, poemas, lendas, libros con música... un chisco de todo!
    
     Esperamos que vos gusten!

premede na imaxe para entrar

20 feb. 2015

Agustín Fernández proposto para o Nobel

 Tres propostas para o Nobel: Agustín Fernández Paz
   "A AELG informou , no balance de actividades do ano, que como en edicións anteriores remitiu un informe coas propostas para o Nóbel de literatura. Desta volta, ademais dos nomes e traxectorias de Xosé Luís Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza, a AELG incluíu na proposta remitida á Academia Sueca o nome de Agustín Fernández Paz.”. 



     Esperamos que esta proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, teña éxito e Agustín acade este premio da Academia do que é máis que sobradamente merecedor como representante da nosa Literatura. O noso escritor máis internacional xa obtivo outros galardóns tan importantes coma o Premio Iberoamericano SM ou o Premio Nacional de Literatura, e estivo nominado para  o Astrid Lindgren ou o Premio Andersen que veñen sendo como o Nobel da Literatura infantil e xuvenil.

10 feb. 2015

os mandadiños de Antroido para mércores

O MÉRCORES, O PESCOZO 
POÑERÁS FERMOSO,
UN COLAR XEITOSO,
UNHA PAXARELA DE CORES
OU UNHA GRAVATA DE FLORES
 



9 feb. 2015

Os mandadiños do Antroido

   Para este martes temos que decorar os pés: calcetíns, zapatóns ou delicados tacóns, ollo: e sen descalabrarse nen complicarse!. Seguide as instruccións que nos dan os do equipo de extraescolares.



premer para ver as instruccións

7 feb. 2015

Os mandadiños de Neve

 A partir de este luns seguiremos os mandadiños de Neve, o noso Meco particular, para comezar a celebrar o Antroido. O luns teremos que adornar as nosas cabezas : seguide as instruccións que nos dan os do equipo de extraescolares.



premer para ver as instruccións

6 feb. 2015

zona pais na Biblioteca

premede na imaxe
      Moitos seguro que xa vistes a zona nova para pais e nais que estivemos habilitando no espazo que está antes da Biblioteca. Unha cómoda e acolledora zona de espera con libros, plantas e uns sofás que teñen moita historia.... A sala está presidida por un cadro realizado polos alumnos maiores cando se conmemorou o 50 aniversario do libro "Memorias dun neno labrego" e que asinou o seu autor, Xosé Neira Vilas, cando visitou o noso Centro. 
Agora: a disfrutala!

chalecos dos axudantes

   Estos son os novos chalecos que locen os alumnos e alumnas que colaboran voluntariamente coas profes do Equipo da Biblioteca durante os recreos. Levan impresa a nosa mascota: Leodoro. 

     Grazas rapaces por ceder o voso tempo libre!
   

2 feb. 2015

DÍA DA PAZ: UN MURO SOLIDARIO DE LEITE

    Establecer fronteiras que separan, levantar muros que dividen e illan é moi habitual no mundo no que vivimos: vemos exemplos tódolos días na tele e nos xornais...
   Por iso o muro que se levantou o venres na pista cuberta do colexio para conmemorar o día da Paz era un muro diferente: UN MURO SOLIDARIO no que todos, desde os máis pequenos ata os maiores, puxemos o noso ladrillo. A proposta do Equipo de Extraescolares  era que cada neno, en representación da súa familia, aportase UN CARTÓN DE LEITE que ademáis empaquetamos na clase con debuxos propios. Despois os cartóns de leite donáronse a Caritas Bertamiráns e ao Cotolengo para que os repartise entre as familias que o precisasen.    
                
      Agradecemos aquí ás familias a súa aportación a este muro (que dada a matrícula do noso centro acadou un tamaño importante) á Ampa e tamén damos as grazas  á empresa Feiraco que aportou unha doazón considerable.


        Esta actividade foi recollida no edición dixital da Voz de Galicia .
premer aquí para ver as imaxes recollidas na Voz de Galicia 
        Tamén tedes o video na web do colexio
 
    Máis información sobre esta actividade está nos blogues do colexio, por exemplo no de Rosana de Infantil que recolle tamén a noticia que saleu no Correo Galego.
http://4.bp.blogspot.com/-6QWVK2-Efbk/VM933fwUD7I/AAAAAAAAHcc/d36pYWeqX44/s1600/34696314336.jpg
premer na imaxe
                                                    
      Enlazo aquí cun artigo publicado onte polo Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios Diz : "NON SÓ POMBAS E GLOBOS" ler +