23 sept. 2015

premio para artistas do reciclaxe


Nayra Prado González, de 10 anos e alumna de 6º, foi a gañadora do primeiro premio  no Iº Concurso Infantil de Dibuxo Reciclar en Compostela, convocado por La Voz de Galicia e patrocinado por Urbaser.  Manuel Mosquera Dapena, de 12 años, que acaba de pasar ao instituto, tamén foi finalista no mesmo concurso. Nayra participou cun despregable sobre a imaxe da Terra cunha mensaxe para  fomentar a reciclaxe dos residuos e Manuel (que xa ten experiencia en esto de ir gañando concursos, sobre todo literarios) dibuxou o Paseo da Ferradura da Alameda. Parabéns a ambos.




20 sept. 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!


    Iniciamos un novo curso con máis de 650 alumnos e alumnas e as súas familias, 42 profes e ademáis unha nova direción. Isabel, Rosa e María levan desde o seu nomeamento preparando un proxecto para o Ceip A Maía. Na web do colexio podedes ler completa a súa "carta de navegación", unha declaración de intencións para unha escola que debe transformarse acorde cos cambios que están a darse na sociedade para construir un futuro viable.
   Desde o Equipo de Dinamización  con Teresa (coord.), María F., Maca, Rosa, Loli, Carmen, Mercedes, Marta, Rosana, Natalia e Miguel intentaremos levar a cabo a parte que nos corresponda neste proxecto  e facer da Biblioteca un espazo de colaboración entre todo o colexio.


 Escollo aquí os principais puntos da carta escrita pola nova directora:   (ler o texto completo na web do colexio +)
 
  • "A educación é a forza do futuro.
  • "Temos que modificar o noso pensamento para adaptarnos aos cambios do mundo.
  • "Desde a escola pública, temos que ofertar unha educación  de calidade acorde cós tempos.
  • "Temos que reconsiderar a organización do coñecemento derribando as barreiras tradicionais entre as disciplinas.
  •  "Acadar para os alumnos o máximo desenvolvemento das súas capacidades individuais e sociais, garantindo a igualdade de oportunidades,  prestando os apoios necesarios.
  • "Fomentar a colaboración familia-profesorado para construír un entorno de aprendizaxe rico e motivado.
  • "Queremos un centro onde a participación de todos os sectores da comunidade educativa estean presentes nos proxectos e programas didácticos que se realicen.
  • "Queremos que a adquisición dos valores de solidariedade, compañeirismo, respecto ás diferenzas e xenerosidade cos máis débiles sexa unha pauta de conduta e identidade do centro e así favorecer a integración de todo o alumnado.
  • "Queremos xestionar dunha maneira imaxinativa e correcta os recursos cos que a Administración nos dota.
  •   "Todo isto tennos que levar a conseguir un centro onde teñamos as condicións idóneas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades naturais nas mellores condicións ao longo da súa etapa escolar."  


12 sept. 2015

LETRAS, NÚMEROS, IMAXES E UN NENO NA PRAIA…




"rapaces na praia" de J.Sorolla
   Comezamos un novo curso rodeados como sempre de letras e números:  1 novo equipo directivo,  porcentaxes, axustes de horarios, recortes de mestres … un curso con 640 nenos, 75 deles nas clases de 3 anos, 75 iniciandose en primaria, outros 70 que marcharon para o instituto… Facemos números para mercar  roupa nova,  materiais, mochilas, ordenadores…
   Letras, números… e tamén  imaxes  que sacuden conciencias… A mín, como a todos, deixoume sen fala  1 neno na praia (...igual que os nosos pequenos) que xa non poderá coller as súas primeiras cores… 1 neno que debería estar xogando como os que pintou Sorolla...


    Fálase agora de cuotas, pero son persoas, 17.000 que vai acoller o noso país, un reparto frío feito nas mesas dos políticos, pero son millóns os desprazados, son millóns os que non teñen casa, escola, comida, seguridade… millóns de pais e nais que acuden a nós fuxindo da barbarie… buscando o mellor para os seus nenos, un refuxio.
 E polo medio  as teorías: dín que os nosos nenos non deberían estar expostos a esas duras  imaxes , que se poden traumar, que o que teñen que facer é disfrutar. Igual sí…Ou non…Non podemos pechar os ollos diante de esos ollos que nos miran desde o outro lado da pantalla... Porque podían ser os nosos a través do espello…

   Tamén eles tiñan unha familia,  unha casa, unha  escola, unha biblioteca, un conto favorito para durmir… E os nosos nenos deben saber a sorte que teñen por nacer deste lado do mundo no que os malos son o lobo de Carapuchiña e as bruxas do conto, no que, si choran, mamá é papá non van ter mais medo que eles polo que lles poida pasar… no que correr só é para seguir detrás dunha pelota ou ao pilla pilla… e non para salvar a vida ou coller un bocadillo que che tiran polo aire.

     Ensinámoslles a sumar e a multiplicar,  pero o mundo tamén  resta e divide…  Mentras os nosos alumnos debuxan mapas na clase de coñecemento, outros nenos atopan  fronteiras de aramio, fronteiras debuxadas para separarnos…  Fronteiras entre o norte e o sur, o este e o oeste, o  1º mundo e o 3º mundo… Máis números... Cando en realidade só temos un mundo e todos estamos xuntos nel…

Así que imos contar (e cambiar) o conto: “Fai uns días un neno chegou á praia…