16 abr 2024

Psando a bóla con Xanela do Maxín

Neste martes o alumnado de 3º de primaria participou nunha proposta de intervención escolar e social sobre o acoso, baseada no libro "A banda dos insectos" de Celtia Figueiras. Esta actividade aborda o problema do bullying no contexto escolar a través do xogo dramático para explorar posibles solucións a través do teatro. Alumnado voluntario, colaborando como actores e actrices con Xosé Vidal, da compañía de teatro Xanela do Maxín, escenificaron escenas construídas especialmente para representar diversas manifestacións de acoso que se poden chegar a dar nun centro educativo. Os rapaces e rapaces puideron aportar solucións aos comportamentos observados. Finalmente, incorporáronse as novas propostas como parte da actuación. Aquí vos deixamos unha escolma de fotografías para que vexades en que consistiu.

11 abr 2024

Visita de Antía Yáñez

Hoxe recibimos na biblioteca do noso cole a Antía Yáñez, autora de Plan de rescate. Esta novela de literatura infantil e xuvenil recibiu o premio Agustín Fernández Paz pola igualdade ao presentar unha historia á vez divertida e trepidante; pero tamén conmovedora protagonizada por uns rapaces e rapazas con capacidades especiais. Como di unha delas, Noela, "prepárate para vivir unha aventura onde hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate; pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor". Aquí vos deixamos as fotografías dese día.

9 abr 2024

Visita de Andrea Maceiras

Esta mañá tivemos a visita de Andrea Maceiras na nosa biblioteca, autora da novela "Alma de elefante". O alumnado de 6º de primaria tivo o privilexio de intercambiar as súas impresións sobre este libro e coñecer máis fondamente a esta escritora. Deixámosvos aquí unha escolma de fotografías.