25 may 2018

"O ceo dos afogados" de Francisco Castro

  Os alumnos de 6º  realizaron este traballo sobre o libro "O CEO DOS AFOGADOS" de Francisco Castro que foi finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2007.
    Fixeron os delfíns e as fichas coa reseña deste libro que trata de Jonathan, un neno de 15 anos con dificultades para relacionarse a quen mandan a un centro de delfinoterapia...

    RESUMO na páxina da editorial Xerais:  "Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez.... LER MÁIS +
  
 Unha parte do mural:
 

"Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, por 2º C

   Un traballo dos alumnos e alumnas de 2ºC de primaria sobre o libro "Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Este libro reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”.








13 may 2018

A poesía de María Victoria Moreno nas voces de Fuxan os ventos

    Queremos compartir con todos vós esta peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que  acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006),  a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.
   Esperamos que desfrutedes desta fermosa interpretación  cunha harmonía de sons, na que as voces, vento, corda e percursión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.


7 may 2018

"Atlas dos horreos de Galicia" de Carlos Regueira

     O venres os alumnos de 3º recibiron a visita de Carlos Regueira Doctor Profesor de Nutrición na USC no Departamento de  Epidemioloxía e Saúde Pública. Pero non veu na súa faceta científica nin como pai dunha das nosas alumnas, senón como autor dun extenso, completísimo e sobre todo fermoso ATLAS DOS HORREOS DE GALICIA. Fixo o traballo partindo dunha unha afición, como el mesmo dí nunha entrevista na TVG que podedes ver premendo AQUÍ
  


  No libro recolle unha das formas máis nosas da arquitectura popular de Galicia. Como dí na dedicatoria do exemplar que nos deixou na Biblioteca "para que nos axude a PRESERVAR O NOSO PATRIMONIO."

  Un traballo de máis de catro anos, tres deles percorrendo Galicia para documentar fotográficamente máis de 9351 horreos (que son só un terzo dos que temos!). Ademáis fixo unha  clasificación  por tipos, según as formas e a  localización xeográfica.
 
  Todo está reflectido nesta coidada edición a través das 300 páxinas, 118 mapas, 1120 fotografías e  moitos datos...
 
  
 

6 may 2018

Día do libro: carteis e exposición de produción propia

     Con motivo do Día do libro este ano os alumnos fixeron estos carteis de animación á lectura. Ademáis fixemos unha exposición de libros de producción propia centrándonos sobre todo nos que se fixeron sobre o Día Internacional da Muller Traballadora e que podedes ver na anterior entrada.







premer AQUÍ para ver os carteis e os libros expostos
 Algúns dos primeiros visitantes da exposición durante a hora do recreo: