28 oct 2018

Outro primeiro iniciandose na Biblio

    Outro   grupo de primeiro pasando pola Biblioteca para aprender as normas e convertirse en novos usuarios.


25 oct 2018

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares

 
 Hoxe conmemórase o día das Bibliotecas Escolares, e ao longo destes últimos días todo o colexio participou en varias actividades. Na seguinte entrada contaremos polo miudo como se foron desenvolvendo. Hoxe xa vos adiantamos as ÁRBORES  DOS LIBROS LEIDOS, que se fixeron tanto en infantil como en primaria. 


 Polas aulas de primeiro pasou Leodoro, a mascota da Biblioteca, para invitar aos nenos a visitarnos.
   Os pequenos de infantil foron recibidos polos colaboradores de 6º que lles contaron moitos contos nunha xornada moi interesante.

 Nas seguintes entradas contaremos como nos foi todo!.

21 oct 2018

Novos usuarios e colaboradores da Biblioteca

   Cada ano, os primeiros meses na Biblio son un rebulir de nenos e actividades, sobre todo para organizala e poñela a funcionar con xente nova (tanto alumnos como profes). A maioría xa coñecen a Biblioteca desde Infantil, pero ao estar en distintos edificios o seu uso e disfrute non era posible cada día como agora. 
  
 Unha das actividades que facemos é explicarlle as normas aos novos usuarios que se incorporan en primeiro para que sexan autónomos na busca e petición de libros. 


   Tamen se estiveron a formar os equipos de colaboradores que os acompañan e axudan durante os recreos. Como sempre, agradecelles que nos cedan parte do seu tempo participando no bo uso da Biblioteca.

 

26 sept 2018

14 sept 2018

Apertura da Biblioteca e BIBLIOPATIO

  A Biblioteca do Ceip A Maía, que desde fai anos leva o nome de  "Agustín Fernandez Paz" en homenaxe ao escritor,  abre as súas portas para este curso. Xa vos iremos contado proxectos e novedades.     Esperamos a vosa visita!

 Ademáis xa está tamén posta a instalación do BIBLIOPATIO para disfrutar coa lectura durante o recreo!






22 jun 2018

Un verán lector!

Que teñades un bo e lector verán!
A mellor viaxe pode estar nun libro.
Vémonos en setembro!
 

Agradecemento aos colaboradores de 6º

  Os alumnos e alumnas de 6º que colaboraron este ano na Biblioteca do Ceip A Maía recibiron como agasallo un diploma e unhas camisetas por participar no Voluntariado de lectura-A. Tamén fixeron unha saída á Cidade da Cultura en Santiago.
    


  Grazas rapaces pola vosa axuda!

RECOLLENDO   DIPLOMAS  E  CAMISETAS
OS ALUMNOS NA CIDADE DA CULTURA

OS VOLUNTARIOS E  AS  VOLUNTARIAS NA  BIBLIOTECA

20 jun 2018

guía de lecturas para este verán

   Elixe libro e prepárate para viaxar!

    Como en ocasións anteriores as Bibliotecas escolares do Concello de Ames elaboramos unha guía conxunta con recomendacións lectoras para os alumnos desde infantil ata bacharelato. Disfrutádeas neste verán! 
 


javascript:;

2 jun 2018

PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual/
   Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común  sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE"  e na  AULA VIRTUAL da web do cole tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.
  Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e teñen un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.


Algunhas das portas: 

Algúns dos carteis: