ESPERAMOS A VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Páginas
- Páxina principal
- Galería fotos colexio
- Guías de lectura
- Editoriais
- Guía de usuarios
- Xornais do mundo
- Symbaloo
- Autores e ilustradores
- Recursos na rede
- Revistas escolares
- Aviso: dispositivos bio-ópticos
- Alumnos
- Lectores-autores
- Seguridade na rede
- Historias de libros
- O IES DE AMES
- Documentos
- Libros que nos gustan!
- Apoiando ás unitarias
- A PAZ NON É COUSA DE UN DÍA!
- A PAZ NAS BIBES DO PLAMBE
- O PORTAL DAS PALABRAS DA RAG
- BIBLIOTECAS DE AMES
- DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
25 feb 2011
23 ene 2011
VISITA DE ANXO FARIÑA
O pasado 23 de novembro o alumnado de 4º e 6º de primaria tivo a sorte de asistir a unha animación do escritor-ilustrador Anxo Fariña.
Na primeira sesión participaron os alumnos/as de 4º que por un momento deixaron as aulas do CEIP. A MAIA para trasladarse á Biblioteca e revivir co autor da “Monstroescola” os misteriosos e sorprendentes acontecementos que tiveron lugar na vila de Quintopiñeiro.
O alumnado de 6º participou na segunda sesión con Anxo Fariña que os somerxeu nunha viaxe polo tempo xunto a Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa (Os Megatoxos) e algún compañeiro máis que viu coma se transformaba nun Megatoxo máis.
Aquí podedes ver unha secuencia da sesión que realizou Anxo: primeiro presentando a historia da Monstroescola e logo facendo retratos dalgúns dos alumnos asistentes e transformandoos en Megatoxos. Tamén nos adicou algúns dos seus dibuxos e firmou os que fixeron os propios nenos sobre a súa obra. ¡Como podedes imaxinar foi unha sesión moi entretida e chea de imaxinación !

27 dic 2010
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
A nosa Biblioteca leva o nome do escritor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ que nos honrou varias veces coa súa presenza e amabilidade e que nos agasallou adicándonos esta frase que está escrita ao logo da parede, en lembranza das paredes das cavernas onde os primeiros seres humanos comezaron a representación das súas ideas, sentimentos e visións do mundo que os rodeaba. Daquela usábase un facho encendido para iluminarse, e agora, como dí Agustín, as Bibliotecas están a ser un faro que proxecta a luz da cultura expandindo ondas de imaxinación e liberdade polo mundo.
XA VAN ALÁ CASE DOUS ANOS...
Durante o primeiro trimestre estivemos de mudanza na biblioteca. Trasladamos todos os libros desde o anterior local e clasificámolos por idades, xéneros e idioma para facilitarlles aos nenos/as o acceso a eles. Adaptamos ás novas necesidades e ao novo espazo o mobiliario existente e adquirimos algún novo. Instalamos varios ordenadores e actualizamos os fondos. Todo este proceso culminou cun ACTO DE INAUGURACIÓN no mes de decembro do curso 2006-2007 ao que asistiron distintas personalidades da Consellería de Educación e do Concello. Sen lugar a dúbidas os grandes protagonistas foron os nenos e nenas do colexio que por grupos foron baixando a coñecer as novas instalacións.
Durante o curso 2008- 2009 tivo lugar un acto ("A cultura está a cambiar Galicia") promovido pola Consellería de Educación ao que asistiron as entonces Ministra Dona Mercedes Cabrera e Conselleira Dona Laura Sanchez Piñón, o Alcalde do Concello de Ames Don Carlos Fernández e o Delegado de Governo Manuel Ameijeiras, que foron recibidos pola Directora Dona Rosalía Avilés e polos membros do equipo de Biblioteca.

A Biblioteca está estructurada en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: cinco espazos adicados á lectura de lecer (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectura relaxada e zona de banda deseñada); outra zona adicada a consulta e estudo individual. Contamos tamén cunha zona de prensa e un espazo multimedia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)