“Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”
Agustín Fernández Paz
Fai uns días estreamos novo mobiliario no recanto de primeiros lectores. Mesas amplias de cor claro que fan a zona máis luminosa e cadeiras máis grandes, cómodas e ergonómicas. Escollimos estas de cor vermella xa que son máis axeitadas para este recanto .
Ler cómodos e nun recanto acolledor, agradable e luminoso tamén é un xeito de fomentar a lectura... Pouco a pouco iremos acondicionando máis zonas.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 en Os Vilares-Guitiriz. É o autor do poemario "NIMBOS", a única obra que quixo publicar e que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Ten varias obras inéditas e unha enorme labor coma tradutor.
Con esta presentaciónelaborada desde a Biblioteca escolar queremos achegarnos á súa vida e obra, marcada pola natureza e o entorno das terras chairegas onde naceu hai xa 100 anos.
Ademáis da influencia sobre outros
escritores, tamén se levaron a cabo outras manifestacións artísticas
sobre a obra de Díaz Castro, como esta versión musicada por MINI E MERO do seu poema
PENÉLOPE onde X.M. Díaz Castro reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida pero sin perder a esperanza . (a canción comeza no minuto 1:30)
Desde o Equipo da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas de Nadal en formato tríptico que os nenos xa levaron a casa antes das vacacións. En ela facemos unha serie de recomendacións lectoras que nos pareceron interesantes para os máis pequenos e tamén para os rapaces maiores e os adultos. Son recomendacións para mentes curiosas, para disfrutar en familia, para mergullarse nos relato, para disfrutar coas ilustracións e para recitar e cantar.
Si sempre é unha boa ocasión para mercar un libro, agora no Nadal lembrade que un libro sempre é un bo agasallo, que fala tanto do que o recibe coma do que o regala... (ademáis non precisa pilas nin cargarse, agás que sexa dixital...) . Esperamos que disfrutedes con eles!
E, por suposto, se queredes ver outras guías, este é o enlace co PLAMBE no que están todas as guías elaboradas polos equipos das Bibliotecas escolares : CLICAR AQUÍ
Unha pequena homenaxe a NELSON MANDELA: un gran home, un gran lider e loitador incansable polos Dereitos Humanos que despois de permanecer na cadea durante 27 anos foi
quen de perdoar e de unir a un pobo devastado polo apartheid, ata
conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica baixo o lema "un
pobo, unha nación". No ano 1993 consigueu o Premio Nobel da Paz e foi
presidente do seu país loitando sempre pola reconciliación nacional.
Desde a Biblioteca queremos lembrar algunhas das súas frases máis coñecidas, como esta:
“A EDUCACIÓN E A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES ESCOLLER
PARA CAMBIAR O MUNDO”
Debido a gran participación por parte de todos (pais, nais, alumnos e profes) hoxe teño que poñer aquí unha nova mostra, moito máis completa, da EXPOSICIÓN DO SAMAÍN. Tedes dúas novas presentacións que incluen as novedades que siguen a chegar das casas e tamén as que se van facendo nas clases sobre o CASTAÑON do Magosto. De estas actividades, suxeridas polo equipo de Dinamización Extraescolar, aínda engadiremos máis fotos nos próximos días... (na entrada anterior tedes máis fotos para buscar o voso traballo)
Gracias a todos pola colaboración: participando gañamos todos!
Neste curso fíxose unha exposición de cabazas do Samaín, monecos de millo, xoiería de castañas e todo o que dira de sí a imaxinación e os materiais da tempada. A proposta parteu do equipo de dinamización de extraescolares.
Por unha banda, nas clases elaboráronse máscaras con froitos e follas de cara ao magosto e, por outra banda, tamén se lles pediu
aos pais e nais que colaborasen cos seus fillos no concurso e, coma cada ano, o resultado é
impresionante.
Nas entradas dos edificios de
infantil e primaria están os resultados do esforzo realizado desde as clases e desde as familias e nestas
presentacións veredes unha mostra dos traballos.
Vendo as dúas exposicións non temos máis que repetir as gracias pola colaboración, alta participación, imaxinación e orixinalidade!
Nesta presentación están incluidos os traballos de aula referentes a productos de outono e ao Magosto e tamén os traballos feitos nas casa coa colaboración familiar.
Miguelanxo Prado (máis) , nado na Coruña en 1958, é o novo Premio Nacional do Comic de 2013 concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "ARDALÉN". Se queredes saber máis de Miguelanxo Prado clicade aquí (saber máis) para entrar na súa páxina onde teredes acceso a obra deste artista polifacético e internacional: banda deseñada (Os compañeiros da orde da pedra, A mansión dos Pampín...), pintura, animación (De profundis, Men in Black...), Xabarín etc... Según el mesmo dí "Sabela, a protagonista de Ardalén, coñece a Fidel, un ancián que ven sendo o único contacto co seu avó desaparecido. Pero a cabeza de Fidel é un caixón desordenado e así, pouco a pouco, vanse tecendo a escasa memoria herdada de Sabela coa memoria desordenada de Fidel e coas memorias parciais dos veciños da aldea onde vive o vello. Nesas memorias ademáis de datos, hai gardados sentimentos: de amor, de compañeirismo e amizade, de odios e de rancores. Recordar non é inocuo pero quen non recorda non vive"."Ardalén" é unha
historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa
existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode
soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que
se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos
se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio" (Miguelanxo Prado)
Aquí tedes a portada de Ardalén (editado por Norma) e un par das fermosas ilustracións que contén:
A semana pasada celebramos nos colexios o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Foi o 24 de outubro. Desde a Biblioteca propuxémoslles aos tutores que os nenos realizaran un traballo nas clases: escoller e dibuxar os seus personaxes favoritos. Logo recolléronse todos os dibuxos e colgáronse en murais polos corredores da Biblioteca. Aínda nos faltan algúns por poñer!