Unha vez reunido o equipo da Biblioteca e despois co acordo do Claustro, decídimos
que de momento este curso non poderemos empregar a biblioteca tal como se viña facendo ata agora por varios
motivos:
1. O principal é pola seguridade do
alumnado, xa que no colexio estanse a realizar obras dende o curso pasado.
Estase construíndo un novo espazo de comedor, polo que nos vimos na obriga de
ceder o espazo físico da biblioteca para os usuarios do mesmo e facer o
traslado provisional a un espazo novo. O novo espazo que tiñamos ata agora
destinado á biblioteca é moi reducido e non podemos manter as distancias de
seguridade establecidas no protocolo Covid-19.
2. O que sí realizaremos será o préstamo
de libros físico para as aulas, para os mestres que o desexen, onde serán
os propios titores os encargados de regular o seu uso atendendo ás normas
sanitarias derivadas da situación epidemiolóxica na que estamos inmersos.
3. A biblioteca escolar intentará
adaptarse á nova situación incorporando ao noso fondo libros dixitais e
celebrando as diferentes conmemoracións establecidas no calendario escolar
regulado pola ORDE do 25 de xuño pola que se aproba o calendario escolar
para o curso 2020/ 2021 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade
Autónoma de Galicia.
4. As
actividades que se propoñan dende o equipo de biblioteca para a celebración de
ditas conmemoracións serán de xeito telemático para o que se empregarán tanto este
blogue como a web do centro ou aulas virtuais.
5. Por outra banda ao
reorganizar as sesións lectivas para incluír un tempo específico para tarefas
de hixiene, aseo e desinfección, houbo que prescindir do tempo "específico" para
a “Hora de ler”, pero cada titor
buscará en que sesión lectiva (relacionada coas linguas) acae mellor facela,
polo que terá que ser integrada nesas horas lectivas.
(vistas das obras do novo comedor desde unha das zonas da Biblioteca)