6 nov. 2011

"ENTRA E PÁSAO DE MEDO": SAMAÍN

       A Biblioteca apareceunos estos días escura, chea de teas de araña, cos esqueletes disfrazados, bruxas e pantasmas ... e nós seguimos coas actividades sobre o Samaín.

      Aquí podedes ver como temos a Biblioteca.      




{{{     Modest Mussorgsky (1839 – 1881) foi un   innovador compositor ruso do periodo romántico e as súas obras estaban inspiradas na historia, as tradicións e o folclore do seu país. As súas  obras incluen a opera "Boris Godunov", e o poema orquestral "Unha noite no monte pelado"  que sirve de fondo musical a esta presentación.}}}


 OS LIBROS E A LITERATURA DE MEDO

        O medo e as historias de medo sempre foron moi interesantes para os nenos... e tamén para os maiores, xa que coa oportunidade que nos ofrecen as diferentes celebracións tradicionais coma o  Samaín ou máis modernas coma o Halloween, todos aproveitamos para enfrontarnos aos nosos temores. E facémolo empregando a risa e o humor.

         Por outra banda os medos que adoitan afectar aos nenos,  son aqueles relacionados coa soidade. Medo a estar só, á escuridade, aos ruídos fortes, ao monstro do armario, adoitan afectar a todos os nenos nalgún momento. Cos máis pequenos, a miúdo, os contos sérvennos para tratar estes medos. Non só contan unha historia, tamén poden axudarnos a  comprender como se senten e como teñen que actuar. Hai  libros que serven para enfrentarse aos eses medos a través dos protagonistas do conto, por exemplo:

Un pesadelo no meu armario.
Autor: Mercer Mayer.
Editorial Kalandraka.

        Este conto relátanos o medo ao monstro do armario, neste caso convertido en pesadelo. Nel atopámonos cun neno pequeno que, todas as noites, antes de deitarse, botaba a chave ao armario para que ninguén escapase del. Despois, sempre tiña medo a mirar ao armario por se había algo, ata que unha noite foi valente e decidiu enfrontarse ao seu medo. Así, atopouse co pesadelo que saíra do seu armario e estaba na súa cama. Pero lonxe de asustarse, plantoulle cara...


 Cóntame algo alegre antes de ir durmir.
Autor: Joyce Dunbar- Debi Gliori.
Editorial Timus Mais.

       Neste libro trátase o medo aos pesadelos, algo que adoita ocorrer cando os nenos empezaron a soñar e a recordar os soños que teñen. Neste caso os protagonistas son Pina e o seu irmán maior, que axuda a Pina a durmir sen pesadelos dun xeito sinxelo: pensando cousas alegres para non soñar nada malo.












     

Para buscar os libros de medo  que xa temos catalogados,
picade aquí  para ver a lista.

Na exposición  temos, entre outros,  estos libros de medo:

O demo Ratapú
Lobezno
Mi amiga la oscuridad
Tio lobo
O monstro que comeu a escuridade
Na casa do terror
Vampiros
Bruxas
Intriga en Venecia
Quen ten medo ó lobo?
Quen ten medo ás bruxas ?
etc....

No hay comentarios: