“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…” con estas palabras comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega “Memorias dun neno labrego” que este ano vén a cumprir 50 anos da súa publicación (1961).
O pasado venres día 9 de decembro, os nenos e nenas do 3º ciclo tiveron o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do best seller galego, D. Xosé Neira Vilas.

Os de 5º fixeron distintas actividades arredor do libro “Memorias dun neno labrego” e os de 6º fixeron o mesmo co de “Cartas a Lelo” (que con “Aqueles anos do Moncho” conforman a triloxía que leva por nome O Ciclo do Neno), e sobre estos libros fixéronlle moitas preguntas ao autor, que ademais nos falou da súa propia vida e comparou a súa infancia coa de Balbino .
Para acadar máis información acedimos á páxina persoal do autor:
![]() |
Fundación Xosé Neira Vilas (clica na imaxe) |
Clicade na imaxe para aceder ao video que fixeron os titores do 3º ciclo durante a visita de Don Xosé Neira Vilas ao Ceip A Maía. Percorreu os corredores onde os titores e os alumnos lle foron amosando unha parte dos traballos que tiñan expostos.
![]() |
video realizado durante a visita, por P. Fontarigo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario