15 ene. 2012

Agustín Fernández Paz na Biblioteca Virtual Cervantes


Agustín na escola graduada de Vilalba

      A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes acaba de abrir un novo portal dedicado ao noso querido Agustín Fernández Paz  (Vilalba, Lugo) , autor de máis de corenta e cinco obras que hoxe son un referente e que o converteron nun clásico contemporáneo. Os seus textos están traducidos ao castelán, catalán, eúscaro, portugués, coreano, francés e árabe, e obtivo distintos premios, entre os que destacan o Lazarillo de 1990, o Nacional de Literatura d e 2008 e o máis recente Iberoamericano SM, que acaba de recoller en México hai só uns días. O portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz está dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e M.ª Isabel Soto López (Universidade de Santiago de Compostela), e nel recollense fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudos sobre a súa obra e un completo álbum gráfico. 
      Este portal súmase a outros dedicados pola BV Cervantes ás letras galegas , ou coma o do recentemente falecido Xoan Farias   http://bib.cervantesvirtual.com/bib_autor/juanfarias/

clic
              
        A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (http://www.cervantesvirtual.com/  ) foi creada no ano 1999 por iniciativa da Universidade de Alacante, Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín, e desenvólvese na actualidade baixo a tutela da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que preside o escritor Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2010. O seu obxectivo é a difusión da literatura e as letras iberoamericanas no mundo; ofrece, a través da Rede, libre acceso a máis de 130.000 rexistros bibliográficos.

No hay comentarios: