29 abr 2012

FEIRA DO LIBRO

       Hoxe, no paseo central da Alameda, arrancou a  XXXI edición da Feira do Libro de Santiago onde estará instalada ata o vindeiro  6 de maio.

       Os discursos inaugurais na presentación da feira estiveron a cargo do escritor Víctor Freixanes e o alcalde de Santiago Ángel Currás e participaron membros da Asociación do Traxe Galego.

      A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas  e de 17.30 a 21.00, prolongándose media hora máis os fins de semana e festivos. Durante a feria as casetas, coma sempre, ofrecerán ao público os libros con un 10% de desconto e unha serie de actividades lúdicas que se desenvoverán no Paseo da Alameda, baixo unha carpa. (Espero que  fose  o bastante resistente para soportar a treboada que caeu pola tarde).
    
    Do programa de actividades destácovos as adicadas a un público máis infantil e xuvenil:

  • este domingo as 18:00 horas teredes un obradoiro de contacontos a cargo de Boniface Ofogo narrador senegales que asinara o seu libro "O león Kandinga" editado por Kalandraka.
  • tamén este domingo ás 19:00 presentaranse as novidades editoriais: "o renacer da literatura fantástica en galego" a cargo de Urco Editora e Contos Estranos Editora. Os aficionados ao fantástico botade un ollo,  xa que por alí andaba hoxe o escritor  Fernando Cimadevila co seu libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños" 
  • o luns as 19:00 presentarase o libro 100 anos do himno de Galicia coa participación do escritor Xosé Neira Vilas que ao remate asinará exemplares da súa obra
  •  o martes  as 18:00 horas teñen previsto un obradoiro de baile e xogos tradicionais con Cantigas e agarimos
  • o xoves as 18:00 Monicreques Cascanoces amosará "un conto de sempre".
  • o venres as 18:00o mesmo grupo representará "o pequeno cabaret dos tolos"
  • o sábado as 12:30 presentarase a colección "Cociña infantil e familiar" da editorial Ouvirmos con cursos de cociña pola mañán e a tarde.
  • domingo ás 18:00 Paula Carballeira e un representante de Kalandraka presentan o seu album "O principio"  unha historia de guerra e esperanza ilustrado por Sonja Danowski. 
A Leodoro picoulle a curiosidade, coma ao gato, e xa foi dar unha volta pola feira e veu cousas moi interesantes!. Pasade vos tamén , que sempre se pode facer un oco para un novo libro.
  

No hay comentarios: