9 may. 2013

FRANCESCO TONUCCI EN SANTIAGO

   
     O martes, case 400 mestres estivemos na Cidade da Cultura escoitando a  FRANCESCO TONUCCI, mestre, pedagogo e un dos máis importantes investigadores sobre a educación. 
     Subimos hasta o Gaiás a pesar do vendaval que zoaba con forza, xa que esperabamos oir de novo as propostas de Tonucci e da súa outra personalidade, o debuxante FRATO. Ideas e propostas que nos parecen sempre fantásticas e que aínda a estas alturas a moitos lles poden parecer utópicas.... Certamente son útópicas, porque non só implican un cambio na escola senón na sociedade, pero as ideas de Tonucci, expresadas ao seu xeito suave son, con todo, fortes coma o vento que zoaba fora e calan igual que a choiva que nos acompañou toda a tarde...
   
      
     Ao longo da charla falou dunha escola desexada por todos, unha escola de todos e para todos, sen exclusións, que non alimente as diferencias, unha escola que prepare aos nenos para a vida, pero non dun xeito competitivo senon para que sexan felices no que son máis competentes. Unha escola que faga nenos que disfruten coa lectura e non nenos que só dominen a mecánica da lectura.  Falou do xeito en que se traballa nas escolas e do cambio que precisan, da importancia do xogo para desenvolver a personalidade dos pequenos e da necesidade de adaptar as escolas ( incluso comos espazos físicos...) tendo en conta ritmos, habilidades, necesidades e intereses...

    Tamén nos recordou o poema " as cen linguaxes do neno" de Loris Malagucci e finalmente citou a Plutarco que xa decía: os alumnos non son vasos baleiros "que temos que encher" senón "unha chama que hai que prender".

      
 


     Falou das dificultades coas que se atopa a escola e os mestres, das sucesivas Leis de educación, do uso competitivo e productor de "efectivos útiles para o mercado laboral" no que se pretende convertir á escola ... e a pesar de todo, despois de escoitar a Tonucci,  finalmente veume á cabeza unha frase que se dí moito nestes momentos de crise:   SÍ SE PODE ! 

      


      Só para ir reflexionando sobre elas, cito aquí algunhas  das frases de Tonucci acompañadas de uns cuantos dos seus debuxos como Frato que fun lembrando despois de escoitalo.


 


No hay comentarios: