12 jun. 2013

CRONOPIOS LECTORES

   Este sábado abreu nas rúas de Santiago unha nova librería (cronopios). O local está en Alfredo Brañas. Nos tempos que corren sorprende a valentía de iniciar unha aventura empresarial e sorprende máis aínda o valor de que esta aventura sexa "vender libros".     Desexámoslles "sorte e libros!"    
    Nunha cidade na que pecharon librerías históricas que foron emblemáticas para os nosos pais e para moitos de nós coma González ou Galí ... é de agradecer que alguén se atreva a inaugurar un negocio de este tipo. Os libros destacan dentro dun local claro e luminoso no que me gustou sobre todo o recanto dedicado á literatura infantil e xuvenil, no que os rapaces atoparán moitos dos seus  favoritos baixo unhas nubes que lle dán un aquel especial, como de estar voando nun ceo de imaxinación. De feito chamoume a atención un pequeno que, mentras curioseabamos e falábamos de instalacións, editoriais e libros... estaba sentado no chan  sumerxido totalmente no que estaba a ler. 
          Póñovos aquí un enlace no que tamén podedes consultar os seus fondos: clicade aquí




embarcados na aventura dos libros...








No hay comentarios: