15 may 2014

X.M. DÍAZ CASTRO E FUXAN OS VENTOS: PENÉLOPE

      Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 nos Vilares-Guitiriz. E o autor de "NIMBOS",  que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Aquí podemos escoitalo musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por FUXAN OS VENTOS (coa fermosa voz da nosa compañeira Carmen) nun adianto do seu próximo traballo. O recitado inicial é a voz do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz. 


PREMER  AQUÍ PARA ESCOITAR PENÉLOPE
Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

 e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día

 a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.



Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

No hay comentarios: