27 jun 2014

PILI: BOA SORTE COMPAÑEIRA!

    Este curso rematan con nós varios compañeiros e, sin esquecer a ningún,  xa que a todos botaremos de menos, aquí quero facer unha despedida especial a Ana (aínda que igual temos a sorte de contar con ela de novo)  e sobre todo a Pili, profesora de inglés e membro do equipo de dinamización da Biblioteca, que despois de 14 anos nos deixa por outro Centro no que esperamos que lle vaia igual de ben que en este. Xa sabemos que vai aportar toda a súa valía, que se vai empregar a fondo, que vai traballar arreo (nos recreos, fora de horas, polas tardes, en calquer momento libre...) coa mesma ilusión e entusiasmo co que o fixo aquí. Como dín os militares: "...máis alá do cumprimento do seu deber". Nos momentos máis apurados, nos que o tempo e as circunstancias non daban máis de sí, sempre mantivo o sorriso, aportando a calma que facía falta, buscando o lado positivo a todo... O equipo de Dinamización da Biblioteca somos un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada unha de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, pezas novas... todas importantes!.  Agora, neste quebracabezas, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros. Agora vai comezar a escribir páxinas novas  nun novo libro ... e desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o prólogo: "Boa amiga e boa compañeira"

Sorte Pili!.    Botarémoste de menos!


No hay comentarios: