16 nov. 2014

COMPOSICIÓNS DE OUTONO

    Estas presentacións mostran as COMPOSICIÓNS DE OUTONO feitas polos alumnos e alumnas do colexio, tanto en infantil como en primaria  en colaboración con seus pais, seguindo a proposta do Equipo de Actividades  Extraescolares. Empregaron para os traballos todo tipo de follas e produtos naturais destas datas... todo recollido no seu entorno  máis próximo. E o resultado como podedes ver é impresionante. Aproveitade estos días para visitar as exposicións, xa que  todos os traballos están nas entradas de ambos edificios.
    Aos máis pequenos sirveulles ademáis para coñecer distintos tipos de árbores e follas, froitos secos e carnosos, autóctonos e vidos de fora, comestibles ou non... e para comprobar que moitas veces a natureza nos ofrece recursos tan interesantes, artísticos e divertidos como calquer xoguete. O que temos é que saber empregalos con respeto e coidado... 


 
PREME AQUÍ PARA VER AS DE INFANTIL

PREME AQUÍ PARA VER AS DE PRIMARIA

2 comentarios:

clase de 4ºC dijo...

OS TRABALLOS SON MOI CREATIVOS, ORIXINAIS,NÓTASE QUE REQUERIRON MOITO ESFORZO. EN RESUMO, GUSTÁRONNOS UN MONTÓN!!!

Loli Corujo dijo...

grazas rapaces por comentar e valorar os traballos que facedes vos e os vosos compañeiros no colexio e en colaboración cos pais e nais!