2 feb. 2015

DÍA DA PAZ: UN MURO SOLIDARIO DE LEITE

    Establecer fronteiras que separan, levantar muros que dividen e illan é moi habitual no mundo no que vivimos: vemos exemplos tódolos días na tele e nos xornais...
   Por iso o muro que se levantou o venres na pista cuberta do colexio para conmemorar o día da Paz era un muro diferente: UN MURO SOLIDARIO no que todos, desde os máis pequenos ata os maiores, puxemos o noso ladrillo. A proposta do Equipo de Extraescolares  era que cada neno, en representación da súa familia, aportase UN CARTÓN DE LEITE que ademáis empaquetamos na clase con debuxos propios. Despois os cartóns de leite donáronse a Caritas Bertamiráns e ao Cotolengo para que os repartise entre as familias que o precisasen.    
                
      Agradecemos aquí ás familias a súa aportación a este muro (que dada a matrícula do noso centro acadou un tamaño importante) á Ampa e tamén damos as grazas  á empresa Feiraco que aportou unha doazón considerable.


        Esta actividade foi recollida no edición dixital da Voz de Galicia .
premer aquí para ver as imaxes recollidas na Voz de Galicia 
        Tamén tedes o video na web do colexio
 
    Máis información sobre esta actividade está nos blogues do colexio, por exemplo no de Rosana de Infantil que recolle tamén a noticia que saleu no Correo Galego.
http://4.bp.blogspot.com/-6QWVK2-Efbk/VM933fwUD7I/AAAAAAAAHcc/d36pYWeqX44/s1600/34696314336.jpg
premer na imaxe
                                                    
      Enlazo aquí cun artigo publicado onte polo Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios Diz : "NON SÓ POMBAS E GLOBOS" ler +

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola. De novo a´clase de 4ºC nos encantou a entrada do blog. dende ela puidemos ver o enlace co vídeo da actividade. moitas grazas.

LEODORO dijo...

moitas grazas polo voso comentario e sobre todo por mirar no blog as actividades que facemos entre todos!.
un saúdo