1. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, acaba de ser recoñecido como mellor libro de ficción do ano co premio Anxel Casal pola Asociación Galega de Editores.
Ademáis, na selección dos mellores de 2014 da web Fervenzas Literarias, Agustín Fernández Paz tamén foi elixido polos lectores como Autor do ano e A viaxe de Gagarin, como mellor libro de Narrativa de adultos.
SINOPSE DA VIAXE DE GAGARIN:
"O doce de abril de 1961, o cosmonauta Iuri Gagarin, a bordo da nave
Vostok 1, convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo
exterior....
Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos
sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de
hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e
gañara un concurso escolar de redacción ...". UN LIBRO CON BLOG PROPIO. LER MÁIS +
E como esta entrada vai de PREMIOS:
Escarlatina competía entre outros con:
A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora.
Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora.
Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre. Edicións Xerais.
Xique Xoque, Fiu Fiú+ DVD, María Fumaza. Editorial Galaxia.
Cuca e o abrigo marrón, Fina Casalderrey. Edicións Rodeira.
SINOPSE DE ESCARLATINA:
"Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre
negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha
cociñeira falecida no século XIX..."
3. E, como non, o Premio Fernández del Riego á difusión cultural que foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia "polo seu labor de apoio continuado ao libro e a lectura no ámbito escolar". Desta rede nós formamos parte xunto con máis de 500 bibliotecas máis! Parabéns a todos compañeiros/as!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario