4 may. 2015

Rosalía de Castro: unha galega en Venus!


    Venus, o segundo planeta desde o sol é moi parecido á Terra por tamaño e composición, e desde 1994 ten un crater que se chama  Rosalía  de Castro. 
    A historia, que me enviaron onte, de cómo o nome da nosa escritora chegou a Venus,  é esta: resulta que dende fai máis de 40 anos a UAI, que ven sendo a  Unión Astronómica Internacional  tomou a decisión de bautizar os accidentes xeográficos (cráteres, montes, coroas...) do pequeno planeta próximo ao Sol con nomes de muller, dende deusas e outros seres de ficción, a persoeiros históricos. Fixeron unha convocatoria dirixida a astrónomos afeccionados na que solicitaban suxestións de nomes de mulleres cunha traxectoria importante no mundo da cultura.
    
imaxe de Venus enviada pola sonda Magallanes en 1994
  
imaxe do crater Rosalía de Castro
 O Taller de Astronomía do Instituto Fernán Esquío de Neda,  presentou a proposta de darlle o nome de Rosalía de Castro a un dos cráteres, e acompañaron a petición cunha biografía da poetisa.
 
E resulta que o Director do Taller, Henrique Pujales, recibeu un escrito da UAI comunicándolle-la aceptación da súa proposta e indicándolles que o cráter Rosalía de Castro tiña 22,9 Km de diámetro e estaba situado no punto de latitude 3,4 graos Norte e de lonxitude 233,9 graos.




Así que agora "hai un galego na Lúa" ...  e unha galega en Venus!



No hay comentarios: