24 jun 2015

Xosé Vizoso no Ceip A Maía


   Recibimos a visita de XOSÉ VIZOSO deseñador, ilustrador, pintor, escultor ...  Un ARTISTA polifacético falando cos rapaces e rapazas de 6º do noso colexio.
   Vizoso naceu en Mondoñedo en 1950, pero vive en Brión desde 1992 onde deseñou os carteis para a Santa Minia.  Traballou moitos anos na cerámica de Sargadelos onde tivo coma mestre a Isaac Díaz Pardo, desde fai 30 anos como deseñador do Grupo Sargadelos. Despois estivo no Instituto Galego de Información (IGI), en Santiago.

 
 (Na revista do colexio púxose máis información. ler +)

Sacado dunha entrevista onde conta a súa infancia e os seus inicios: "O primeiro libro que ilustrei foi no ano 68; fixen uns debuxos para un libro de xeografía dun compañeiro en Bacharelato.  Nos primeiros setenta ilustrei un libro que saíu na editorial Celta dun profesor no seminario: “Terra húmeda”. Logo xa comecei a ilustrar para Edicións do Castro; o primeiro libro foi A saga dun afiador, de Xosé Fernández Ferreiro; de Neira Vilas ilustrei moitos, o primeiro De cando Suso foi carteiro. Debín ilustrar arredor de 60 libros ou máis de xente como Marica Campo, González Laxe, Xosé Agrelo Hermo, Concha Blanco, Úrsula Heinze ou Daniel Cortezón. Tamén fixen ilustracións para a revista de poesía Dorna".... ler máis +


Xosé Vizoso cos rapaces de 6º.  Máis na web do colexio:  premer  AQUÍ



 
     Ao longo da súa traxectoria ilustrou libros de Neira Vilas "De Cando Suso foi carteiro", "Chegan forasteiros", en pezas teatrais de Eduardo Alonso "O país acuático", en murais contra a represión franquista... Un dos seus traballos máis recentes é a creación da cuberta para as memorias de Luis Tobío, "unha das figuras clave do renacemento cultural galego do século XX". 














  Sobre o seu traballo como ilustrador Vizoso díxo que a inspiración, de habela,  ten que pillarte traballando e que  tés que facer moitos bocetos, centos incluso... e  tés que documentarte, investigar, darlle voltas , probar e descartar ata atopar o mellor resultado.... Ademáis a súa intención é crear un arte que nos vincule co mundo cultural galego.
 


    

  









o taller dun artista....



No hay comentarios: