20 sept. 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!


    Iniciamos un novo curso con máis de 650 alumnos e alumnas e as súas familias, 42 profes e ademáis unha nova direción. Isabel, Rosa e María levan desde o seu nomeamento preparando un proxecto para o Ceip A Maía. Na web do colexio podedes ler completa a súa "carta de navegación", unha declaración de intencións para unha escola que debe transformarse acorde cos cambios que están a darse na sociedade para construir un futuro viable.
   Desde o Equipo de Dinamización  con Teresa (coord.), María F., Maca, Rosa, Loli, Carmen, Mercedes, Marta, Rosana, Natalia e Miguel intentaremos levar a cabo a parte que nos corresponda neste proxecto  e facer da Biblioteca un espazo de colaboración entre todo o colexio.


 Escollo aquí os principais puntos da carta escrita pola nova directora:   (ler o texto completo na web do colexio +)
 
  • "A educación é a forza do futuro.
  • "Temos que modificar o noso pensamento para adaptarnos aos cambios do mundo.
  • "Desde a escola pública, temos que ofertar unha educación  de calidade acorde cós tempos.
  • "Temos que reconsiderar a organización do coñecemento derribando as barreiras tradicionais entre as disciplinas.
  •  "Acadar para os alumnos o máximo desenvolvemento das súas capacidades individuais e sociais, garantindo a igualdade de oportunidades,  prestando os apoios necesarios.
  • "Fomentar a colaboración familia-profesorado para construír un entorno de aprendizaxe rico e motivado.
  • "Queremos un centro onde a participación de todos os sectores da comunidade educativa estean presentes nos proxectos e programas didácticos que se realicen.
  • "Queremos que a adquisición dos valores de solidariedade, compañeirismo, respecto ás diferenzas e xenerosidade cos máis débiles sexa unha pauta de conduta e identidade do centro e así favorecer a integración de todo o alumnado.
  • "Queremos xestionar dunha maneira imaxinativa e correcta os recursos cos que a Administración nos dota.
  •   "Todo isto tennos que levar a conseguir un centro onde teñamos as condicións idóneas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades naturais nas mellores condicións ao longo da súa etapa escolar."  


No hay comentarios: