19 ene. 2016

A paz, a tolerancia e a convivencia

  Premendo neste Symbaloo atoparedes cancións, cortos de animacións, contos e historias sobre a paz, a tolerancia, o respeto e a convivencia para pensar e traballar na clase e na casa. Outras linguaxes...
 
     Materiais para os máis pequenos  e os máis maiores, de arriba abaixo. Desde Pocoyo e Caillu ata un clásico como o discurso de Chaplin no Gran dictador, a realidade dos nenos na guerra, o respeto polas diferenzas e as discapacidades, cortos premiados, raps pola tolerancia, música colaborativa na rúa, os discursos das nenas  Malala (premio pola Paz)  e  Severn Suzuki  que fixeron pensar aos políticos na ONU. Un enlace coa páxina da orquestra infantil Cateura sobre a música  que se pode facer co refugallo que rodea os barrios pobres arredor dun vertedoiro en Paraguay. Cancións co texto da Cantarela dos nenos de Xosé Neira Vilas, o Imagine de Lennon con subtítulos en castelán e inglés, unhas nenas de Siria (como as nosas) cantando  e contando a súa realidade na guerra... A experiencia de Wangarii e as árbores da Paz en África e para os máis maiores un corto do Home que plantaba árbores baseado no libro do mesmo título de Jean Giono que o escribeu despois das súas experiencias en Francia na primeira guerra mundial... Por certo os libros de JRR Tolkien do Señor dos aneis escribeunos este profesor de linguística da universidade de Oxford despois de pasar pola mesma experiencia na guerra e perder  a tódolos amigos que foran con el: a batalla dos abismos de Helm narra en ficción o que el vivira nas trincheiras. Da mesma situación xurdiron as Crónicas de Narnia do seu amigo  CS Lewis. A realidade e a ficción ás veces van da man... 
     
      Podedes ler, contar, cantar, escoitar....  e sobre todo pensar.
Un pouco de todo como vedes.... Un mundo... 
symbaloo da paz, o respeto, a tolerancia e a convivencia

No hay comentarios: