Este aparello, precursor dos eBook, constaba dunha serie de paneis con bobinas nos que se incluía o inglés e o francés e a asignatura a traballar e no que o mestre tamén podía anotar. Tiña un sistema mecánico, eléctrico e a presión de aire.
   A Enciclopedia Mecánica está considerada por moitos como o primeiro libro electrónico. "Facendo presión en abecedarios e números formábanse sílabas, palabras e 
leccións. A segunda, funcionaba con bobinas, cada unha dedicada a unha 
materia. Todo baixo unha lámina transparente e irrompible, con cristal 
de aumento. E con luz, para que se puidese ler na escuridade. Ademais, 
podía incorporar son coas explicacións de cada tema. Todo no tamaño dun 
libro, «de facilísimo manexo e peso insignificante», describía a propia 
autora.
      Hoxe Google recorda a esta muller cun doodle. Se premedes nel podedes ver máis información sobre esta muller, unha auténtica precursora....  
| Angela Ruíz Robles | 
    Dona Angela tivo importantes ofertas do estranxeiro para mercarlle a patente, pero ela sempre quixo que o seu invento quedase no noso país... O Ministerio de Educación aproboulle o proxecto, máis non consigueu financiación.  Premiada e recoñecida numerosas veces, dentro e fora, sempre quixo que fora España quen se beneficiase do seu invento PERO...
 
| dunha entrevista en 1958 | 
 1949: Ángela Ruiz Robles (1895-1975) patenta a súa "Enciclopedia Mecánica" en España 
 1971: Michael Hart lidera o proxecto Gutenberg que dixitaliza libros para ofrecelos gratis
O prototipo da Enciclopedia que se construeu no Ferrol e que creo que agora está no MUPEGA.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario