30 jun. 2016

MACA E NATALIA: BOA SORTE COMPAÑEIRAS!:



 Este curso marchan do colexio cara outros destinos varias compañeiras e, sin esquecer a ningúnha,  xa que a todas botaremos de menos, quero facer aquí unha mención especial a Natalia,  que leva anos despedíndose e sempre conseguía voltar, pero que agora sí marcha definitivamente: sempre estivo aí para colaborar no que fixese falta. E sobre todo a Maca, profesora de inglés e membro do Equipo de Dinamización da Biblioteca, que despois de máis de 12 anos nos que montou e  contribueu a crear a Biblioteca tal e como agora está, integrandoa no Plambe e facendo un enorme traballo como coordinadora durante moitos anos, agora deixanos por outro Centro onde sabemos que lle vai a ir polo menos igual de ben que neste. Sabemos que, como aquí, vai aportar toda a súa valía, o seu saber facer e coñecemento do que é una Biblioteca Escolar, que se vai empregar a fondo, que vai traballar, non moito senón moitísimo (todos os recreos, moitas tardes, en calquer momento libre... como fixo aquí) e sempre coa mesma ilusión e entusiasmo, aportando ademáis ese punto de mesura e calma que sempre agradecemos cando se traballa nun grupo. Xa o dixen algunha vez  “como dín os militares: ..máis alá do cumprimento do seu deber". Nos momentos máis apurados, nos que o tempo e as circunstancias non daban máis de sí, sempre mantivo o sorriso, aportando a calma que facía falta, buscando o lado positivo a todo... 
  
    O equipo de Dinamización da Biblioteca somos coma un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada un de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, que veñen e van... todas importantes!.  Agora, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros nesta andaina que vai emprender. Desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o limiar a este novo libro que  vai comezar a escribir Maca: "Boa amiga e boa compañeira".

    
     E tirando dos escritos de Alfredo Conde (Premio Nacional de Narrativa entre moitos máis) atopei una diferencia entre prólogo e limiar que me encanta. E por eso citando a A. Conde digo que este “é un limiar e non un prólogo, porque un limiar é un soarego de porta, un pórtico, algo que doa a entrada nese recinto, resoando según os seus pasos pisan as liñas dun libro, os sucos que elas son e que resultan arados de novo por ela. Un limiar desvela, abre e alumea, guía polo labirinto que o segue. Un prólogo é un compromiso protocolario, amical ou debido, que permite dar idea da importancia do prologuista, unhas veces, do prologado, case sempre, poisque é quen de recurrir e se abeirar a persoaxe tan soado. Un limiar é outra cousa”. E nós a Maca dedicámoslle este “boa amiga e boa compañeira” para o novo libro que emprende na súa vida, non coma un prólogo de compromiso, senón coma un limiar, unha porta que se lle abre noutro colexio e no que esperamos e sabemos que tamén fará unha pegada polo menos tan importante coma a que aquí nos deixa!


Moita sorte Natalia e Maca!.    Botarémosvos de menos!

2 comentarios:

Silvia L. Ben dijo...

Boa sorte Maca e moitas grazas polo teu traballo e dedicación! Tamén lle desexo moita sorte a Natalia e ao resto de compañeiras que marchan do cole. Grazas a todas!

merce dijo...

Maca, Natalia, beixiños!!muchos,muchos!!

merce