3 oct. 2016

Apertura no recreo



    Ola amigos e amigas!

   Como todos os anos, escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos aquí.   A biblioteca abre as súas portas, durante os recreos, hoxe,  luns 3 de outubro. Lembrade tomar a merenda antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades aquí como na casa, son de todos e todas; e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes da data sinalada no interior do libro. Cando queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.


                   Estouvos esperando.     Un saúdo de Leodoro.                 

No hay comentarios: