O mércores, 25 de
xaneiro os grupos de alumnos de 6º que colaboramos na Biblioteca fomos ao Parlamento de Galicia. Chegamos ás 10:30 horas, onde Hixinio, o guía, nos estaba esperando.
Como non podiamos ir todos xuntos dividímonos en dous grupos.
Deixamos
as mochilas nunha sala e logo fomos polos corredores, onde había moitos
cadros de pintores galegos, ata a sala de recepción ou dos Reis onde
Hixinio nos explicou como ía ser a visita.
Primeiro vimos un
video sobre a historia do Parlamento, o edificio e o traballo dos
parlamentarios. Despois fomos a unha biblioteca de dous pisos, onde uns
compañeiros fixeron un pequeno debate.
A continuación visitamos a zona
onde os diferentes grupos políticos teñen os seus despachos. Rematamos a
visita no hemiciclo onde asistimos a un Pleno Parlamentario, onde
estaban intervindo os deputados dos distintos grupos. Eles aplaudían ao
rematar, nós non podiamos. Ao saír collimos un libro sobre o Parlamento,
as mochilas e saímos á rúa onde se estaba concentrando xente con
bandeiras para manifestarse.
Percorrimos varias rúas ata
chegar á biblioteca Afundación. Aproveitamos o paseo para ir merendando
pois xa eran as 12 da mañá. Nunha sala a charla que nos dou Bea durou un bo rato, estaba ben e
era moi educativa.
Despois fomos á sala do libro xuvenil onde nos mostrou unha selección de libros que falaban de diversas emocións e sentimentos. O libro que nos gustou máis foi o titulado “O neno estrela”.
Despois fomos á sala do libro xuvenil onde nos mostrou unha selección de libros que falaban de diversas emocións e sentimentos. O libro que nos gustou máis foi o titulado “O neno estrela”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario