Hoxe queremos compartir con vos uns recursos que está utilizando a
profe Sara en infantil para achegarlles aos pequenos o mundo dos contos e
a literatura. Cóntanos que, na clase de 4ºA dos alumnos de tres anos,
creou a BATA DOS CONTOS, AS MERENDAS LITERARIAS e agora as PEDRAS-CONTO, mostrándonos maneiras diferentes de achegarse ás historias. Coa axuda da artista Lorena Sánchez, ideou estas pedras para contarlles aos máis pequenos o conto "A qué sabe a lúa?".
Estamos ademáis encantados de contarvos que a Editorial Kalandraka (todo un referente na literatura infantil e xuvenil galega e editora deste libro) publicase esta nova na súa páxina de Facebook recollendo o traballo de Sara. Parabéns!

Podedes seguir o traballo de Sara no blog da súa clase ou desde o enlace de enredados na banda dereita deste mesmo blog..
O enlace co Facebook de Kalandraka mencionando o traballo de Sara:
No hay comentarios:
Publicar un comentario