Os alumnos e alumnas que colaboraron este curso na Biblioteca visitaron no Gaiás a exposición "da árbore á cadeira" que propón unha viaxe emocional da madeira ao mobiliario doméstico. Mostra a riqueza
ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás
artes da madeira e o deseño contemporáneo do moble.
Fixeron unha visita fotográfica guiada polos bosques de Galicia e tamén visitaron a Biblioteca de Galicia onde foron agasallados con un lote de libros para cada un deles e outro para a nosa Biblioteca.
Nesta montaxe tedes fotos da visita.
E aquí están algúns deles coas camisetas de colaboradores que recibimos no cole a semana pasada por participar no programa do "Voluntariado da lectura-A".
No hay comentarios:
Publicar un comentario