9 jul 2017

Despedindo a compañeiros!

    Rematamos o curso despedindo a varios compañeiros: Paco (titor de 5º de Primaria), Susana (Inglés), Sara (titora de Infantil), Carolina (Coordinadora do Equipo de Orientación) e Laura (música). Para Sara, era o seu primeiro ano na docencia desenvolvendo con profesionalidade o seu traballo, compartido ademáis co colexio de Roxos. Susana impartía inglés correndo entre os dous edificios, Carolina coordenou estos últimos cursos os numerosos casos que precisaban PT ou AL e Laura imparteu música nos derradeiros meses do curso.

 Ademáis Sara, ao longo de todo o curso, e Laura, nos derradeiros meses, foron membros do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. Desde o mesmo  queremos desexarlles que sigan traballando cos libros e fomentando a lectura como fixo Sara con actividades como a bata dos contos, as pedras-conto ou as merendas literarias...



     Para Paco remata agora a súa vida profesional e neste video vai unha cariñosa e divertida homenaxe de alumnos e representantes de pais e de profesores a un compañeiro que, desde que chegou ao colexio, nos acompañou sempre con tranquilidade, respeto, moitas TICS... e bo humor: O MESTRE PACO!


      A todos eles lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos e a Paco en especial que disfrute nesta nova etapa!.
 
     Moitas grazas por acompañarnos!

No hay comentarios: