Nos últimos anos o Centro participa co resto da
comunidade educativa nunha proposta do Equipo de Normalización Linguística
do Concello de Ames para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro
con diversa iniciativas que queremos compartir cos veciños. Este ano cada clase
escolleu un poema da escritora e decorou carteis que despois os nenos
levaron para casa para expoñer por todo Bertamiráns.
Fixeron o mesmo cunha laxa de pizarra que despois cada clase levou para colocar no Parque do
rego Ameneiral: os maiores foron camiñando e os máis pequenos en bus. Alí a
carón do rio podedes pasar un rato lendo anacos da súa obra.
Copias das láminas están expostas polos corredores do colexio, tanto en infantil como en primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario