O Equipo de dinamización da Biblioteca programou para o 24 de abril, un día despois do día do libro, a visita dun contacontos-animador-ecoloxista e pacifista: Anxo Moure. Foi
para educación infantil e para os de 2º de primaria do colexio e os rapaces pasárono xenial. Os de
2º de primaria estiveron lendo e traballando o libro do "Caramulo".
As aulas de educación infantil leron o libro "O carballo con
botas" e fixeron actividades relacionadas con esta historia e que xa vos irán contando nos blogs de infantil e na web do cole.
Anxo Moure (Chantada) é un referente na educación ambiental dos máis pequeños, un activista da
ecología e do pacifismo con mensaxes sobre a natureza e a cultura popular. Como decía Cicerón fai máis de 2000 anos: "si tes unha biblioteca e un xardín, xa o tes todo!".
Anxo ten un proxecto que son os Contos na
Casa das árbores, de educación ambiental e dinamización cultural no alto dun castiñeiro e un carballo na aldea de Chantada na que vive e que usa como aula de educación ambiental y biblioteca. Levounos alí nunha viaxe imaxinaria en avión...
En este montaxe de video intentei recoller en apenas uns minutos unha moi pequena parte do que fixo Anxo para os nenos. Sí é todo o que está, pero non está todo o que foi...Hai que velo!
En este outra montaxe tedes fotos durante o contacontos.
Moitísimas grazas Anxo por compartir con nós esta mañán!
Si tienes un jardín y una biblioteca, tienes todo lo necesario.
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero
Si tienes un jardín y una biblioteca, tienes todo lo necesario.
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero
Lee mas: https://www.brainyquote.com/es/autores/marcus-tullius-cicero
No hay comentarios:
Publicar un comentario