Na anterior entrada demos conta do peche e traslado "provisional" da nosa Biblioteca que pasou a ser usada como comedor mentras non se fai o novo.
Foi un pouco duro para o Equipo desmontar e recoller todo o que alí fomos poñendo durante tantos anos ata conseguir unha Biblioteca da que estábamos orgullosos. Aínda que o corazón da Biblioteca segue sendo o mesmo, fisicamente non foi posible trasladar todo porque non colle na nova ubicación así que, en canto a fondos e usos, temos que adaptarnos ao que hai...
Contaremos de novo co alumnado colaborador dos cursos altos. E seguiremos propoñendo actividades e fomentando o gusto pola lectura!. Unha Biblioteca escolar non só é un espazo físico, son os libros e os seus lectores!.
"Siempre imaginé que el paraíso sería una especie de biblioteca." (Jorge Luis Borges, escritor )
No hay comentarios:
Publicar un comentario