23 ago 2012

BO E XENEROSO...


"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son..."


        Onte despedimos a Avelino Pousa Antelo, "un galego dos bos e xenerosos". Foi dos últimos representantes da xeración das Mocidades Galeguistas, os máis novos participantes do movemento galeguista previo á guerra civil.   Avelino, foi  mestre, agrarista, político e escritor, e tamén pai, avó e veciño ... os seus 98 anos  de vida son un exemplo de vida para todos.
       Durante  case un século  amou á  Galicia  e tratou de facela mellor con entusiasmo de rapaz e a enerxía dos que son capaces de ver máis alá.
       Foi mestre de profesión e de corazón ( recordo unha emotiva e reivindicativa conferencia sobre as escolas unitarias onde mesturaba dous dos seus amores: a educación e o campo). 
       A familia foi tamén o eixo da súa vida e desde aquí lles mando todo o noso cariño e apoio



escoitemos nas súas propias palabras porque comezou a escribir:



en tódalas facetas da súa vida foi un home comprometido e tamén entusiasta e divertido



sempre terá un lugar na Historia de Galicia e na memoria e os corazóns de todos os que o coñecemos



Transcribo aquí a homenaxe que lle fixeron na Asociación de escritores en lingua galega (AELG) cando cumpleu 90 anos 

http://www.aelg.org/activ/18092004/laudatio.htm
http://www.aelg.org/activ/18092004.htm





5 jul 2012

RECUPERADO O CÓDICE CALIXTINO !!!

       Que mellor noticia que esta para irnos de vacacións!!!. Todos os que amamos os libros estamos de noraboa xa  que, despois das investigacións da Policía e da Garda Civil , hoxe  foi recuperado o Códice Calixtino, roubado fai un ano da Catedral de Santiago. Atopouse aquí ao ladiño, nun garaxe  do Milladoiro, envolto en plásticos e parece que en bó estado a pesar das condicións en que estaba.       
       A investigación, efectuada pola Brigada de Patrimonio Histórico da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, coa Comisaría Local de Santiago de Compostela e especialistas de Policía Científica , aínda continúa aberta e desde aquí damoslles as grazas a todos estos funcionarios, polo seu esforzos para atopar un libro que é patrimonio de todos... un anaco da nosa Historia.














  

      O Códice está integrado por cinco libros de temática variada pero cun só obxectivo, enxalzar a figura do Apóstolo Santiago. Está datado no século XII. O máis coñecido e traducido é o último, xa que supón unha guía para o peregrino do Camiño Francés a Santiago, e describe o percorrido da ruta, os seus pobos e cidades, as súas xentes e costumes, os santuarios que deben visitarse e como debe tratarse ao peregrino. Tamén se recuperaron outros obxectos e libros relixiosos antigos, entre eles un dos Libros das Horas, que son textos únicos de rezos e salmos da Idade Media.


      
       Sin entrar nos motivos do roubo, a ignorancia ou a cobiza, si para algo pode servir este episodio sería para que tomemos conciencia da necesidade de respectar e custodiar o noso Patrimonio, o que non nos pertence só a nós, xa que o recibimos dos nosos devanceiros e temos a obriga de preservalo para as xeracións que nos seguirán.
    
       E a mellor maneira de preservar o noso Patrimonio  é coñecelo desde pequenos, estudar as épocas e as xentes que o fixeron,  que  escribiron, cantaron, e construiron o noso pasado:  saber quen fumos para saber quen somos.


BÓ  VERÁN  E   DISFRUTADE   DOS   LIBROS !


28 jun 2012

CONTACONTOS

   
      Nos derradeiros días do curso, contamos coa colaboración de Carla Capeáns, de NCC teatro que realizou sendas sesións de contacontos para o alumnado de 1º e 2º de primaria. A actividade tivo moito éxito, e os pequenos disfrutaron coa actuación de Carla, como se pode apreciar nas fotografías.




27 may 2012

nóstaméncreamos!


clicar en crtvg

        Ao longo deste curso os alumnos/as das tres clases  de 5 anos e unha de cuarto de primaria estiveron a participar na elaboración de  películas de dibuxos animados.

         Tratábase dunha actividade para a promoción da ligua galega. Nos tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a dirección Xeral de educación en colaboración co CRTV Galega e a editora OQO. A partir dos álbumes publicados por OQO editora, os nenos crearon unha animación audiovisual en stop motion.

    Fixeron catro películas de dibuxos animados. Os de infantil escolleron os contos “SOPA DE NADA”, “QUE SUSTO CARACOL” e “NAVEGA CARACOL”  e os de 4º de primaria "A GUERRA DOS NÚMEROS". Despois de ler os contos e asimilalos, comezaron o proceso de facer unha película.  Explicouselle aos máis pequenos como se facían as primeiras películas de dibuxos (dibuxando e pintando fotograma a fotograma!).


  
    Despois pasaron a ver a técnica do stop motion, que consiste en fotografar paso a paso, tódolos fotogramas da escena, para darlle sensación de movemento.  Armáronse de cámaras, trípodes e moita paciencia e comezaron entón a fotografar:    24 fotos para conseguir ter só un segundo de   animación! . Tendo en conta que cada clase ten 25 técnicos de animación, 25 ilustradores, 25 guionistas, 25 críticos... non sei si podedes imaxinar o traballiño que lles dou !  
  
      






    
          
      
    Logo traballaron con todas as fotos nos programas de stop motion Monkey Jam e Imovie que por suposto, como todas as cousas, funcionaban cando querían e fallaban cando lles parecía… 

     E para rematar, montaron todas as escenas co Movie Maker, grabaron os audios do conto  co Audacity e puxéronlle  música:

XA TIÑAN UNHA PELÍCULA DE DIBUXOS ANIMADOS!!!

   O resultado pode verse na canle infantil da CRTVG,e alí tamén están as curtas feitas polos alumnos de outros coles. 
clicar para entar na canle da rtvg
----------------------------------------------------------------------------------------
E... de fantástico remate, Gonzalo "Darabuc" o autor de "Sopa de nada", púxonos un comentario (podedes velo na entrada anterior sobre a Exposición das portadas). Tamén lles mandou varios correos aos nenos e nenas de cinco anos que traballaron co seu conto. Imaxinade o entusiasmo dos pequenos: un autor que lles escribe!. E ademáis puxo a película no seu blog. Desde aquí  repetimoslle o noso agradecemento!.



  

17 may 2012

EXPOSICIÓN DE PORTADAS

       Para conmemorar o día do libro que se celebrou o pasado 23 de abril, pedíramoslles aos nenos de todo o colexio que participasen CREANDO UNHA PORTADA para un conto inventado.

       Antes tíñamos que analizar as partes materiais dun libro: portada, contraportada, lombo, título, capítulo, garda, índice, limiar etc ... Despois  vimos que ademais do escritor son moi importantes o ilustrador e a editorial para facer un producto interesante e aínda que non se debería xulgar un libro pola súa portada, sí que é un elemento decisivo á hora de escollelo.

       
        Os de infantil tiveron temática libre para realizar as portadas e os de primaria axustaronse ao lema deste curso que era "Unha meta a acadar: saúde e benestar". Agora tódolos traballos xa están  expostos na Biblioteca e polos corredores.

     Así que todos nos puxemos á tarefa de ilustración e comezamos a diseñar as portadas. Ademáis veredes que engadiron elementos coma os códigos de barras,  o prezo...    

      Agradecemos a súa participación a tódolos nenos e titores que colaboraron na creación das ilustracións. Como veredes foron moitísimos, desde os máis pequeniños de 3 anos ata o 3º ciclo. En esta presentación podedes ver unha pequena mostra da exposición:

 buscade a vosa portada! 



   

29 abr 2012

FEIRA DO LIBRO

       Hoxe, no paseo central da Alameda, arrancou a  XXXI edición da Feira do Libro de Santiago onde estará instalada ata o vindeiro  6 de maio.

       Os discursos inaugurais na presentación da feira estiveron a cargo do escritor Víctor Freixanes e o alcalde de Santiago Ángel Currás e participaron membros da Asociación do Traxe Galego.

      A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas  e de 17.30 a 21.00, prolongándose media hora máis os fins de semana e festivos. Durante a feria as casetas, coma sempre, ofrecerán ao público os libros con un 10% de desconto e unha serie de actividades lúdicas que se desenvoverán no Paseo da Alameda, baixo unha carpa. (Espero que  fose  o bastante resistente para soportar a treboada que caeu pola tarde).
    
    Do programa de actividades destácovos as adicadas a un público máis infantil e xuvenil:

  • este domingo as 18:00 horas teredes un obradoiro de contacontos a cargo de Boniface Ofogo narrador senegales que asinara o seu libro "O león Kandinga" editado por Kalandraka.
  • tamén este domingo ás 19:00 presentaranse as novidades editoriais: "o renacer da literatura fantástica en galego" a cargo de Urco Editora e Contos Estranos Editora. Os aficionados ao fantástico botade un ollo,  xa que por alí andaba hoxe o escritor  Fernando Cimadevila co seu libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños" 
  • o luns as 19:00 presentarase o libro 100 anos do himno de Galicia coa participación do escritor Xosé Neira Vilas que ao remate asinará exemplares da súa obra
  •  o martes  as 18:00 horas teñen previsto un obradoiro de baile e xogos tradicionais con Cantigas e agarimos
  • o xoves as 18:00 Monicreques Cascanoces amosará "un conto de sempre".
  • o venres as 18:00o mesmo grupo representará "o pequeno cabaret dos tolos"
  • o sábado as 12:30 presentarase a colección "Cociña infantil e familiar" da editorial Ouvirmos con cursos de cociña pola mañán e a tarde.
  • domingo ás 18:00 Paula Carballeira e un representante de Kalandraka presentan o seu album "O principio"  unha historia de guerra e esperanza ilustrado por Sonja Danowski. 
A Leodoro picoulle a curiosidade, coma ao gato, e xa foi dar unha volta pola feira e veu cousas moi interesantes!. Pasade vos tamén , que sempre se pode facer un oco para un novo libro.
  

24 abr 2012

O LIBRO... DE PAPEL


libros para soñar...

     Onte foi o día do libro... do libro a secas... Libros grandes , libros pequenos, para nenos e para maiores,  para primeiros lectores e para lectores revenidos, ilustrados e ilustrativos, serios e divertidos, de información, didácticos, de consulta, de lecer, para aprender, para pasar un rato e para disfrutar, libros profundos e libros sinxelos, para pensar e para distraerte, libros que te marcan e libros que non valen cortar unha árbore para publicalos, libros recordados e libros esquecidos, tamén libros esquecibles, libros que provocaron revolucións e iniciaron guerras, libros santos, libros con lectores e sin eles, libros para soñar, libros que non te deixan durmir ata rematalos e  libros que te durmen, libros que gardarás sempre coma un tesouro e outros que esquecerás en calquer recanto sin chegar a botalos en falta... LIBROS!

      De todos eles, onte foi o seu día. E como seguro que todos estamos a escribir algo sobre eles... pois eu non vou poñer nada. Pero vouvos pasar o enlace dun blog que conta, de xeito divertido, unha dúcia de cousas que teñen os libros de papel e que non teñen os electrónicos... 


  • "o seu olor
  • os marcapáxinas
  • pódense prestar
  • non se che esquece como funcionan 
  • arden e dan calor
  • decoran e dín cousas da xente 
  • as libreirías
  • pódense gardar cousas dentro
  • pesan
  • colocalos e os suxeitalibros
  • pódeste desafogar con eles
  • ...e teñen un día"

     "Los libros electrónicos son prácticos, son cómodos, son ligeros, te permiten cambiar la letra, el formato, el  contraste, la luz. Tienen una tecnología que hace que no se te canse la vista al leer. Te permiten llevar toda tu biblioteca contigo, consultar palabras que no entiendes, acceder a contenidos online mientras vas leyendo, hacer anotaciones, subrayar e incluso colgar tus pasajes favoritos en las redes sociales mientras vas leyendo".
      "Todo eso es estupendo, pero son sosos. No son cálidos, ni chulos, ni provocan sensaciones más allá de su contenido. Las sensaciones que transmiten sólo están en el texto, en lo que ves en la pantalla… nada más. Nadie dice: qué bonito es mi libro electrónico. Ni suspira al verlo pensando en el momento en que lo leyó, ni piensa… qué bonita portada, me recuerda a mi viaje a..   
Los libros en papel sin embargo, son otra cosa. Son encantadores. Dicen y hacen cosas chulas."


  • (A Leodoro gústanlle todos os libros, pero é que os de papel ...  son outra cousa.) 


 

23 abr 2012

DÍA DO LIBRO

     Como sabedes hoxe 23 de abril celébrase en todo  o mundo o DÍA DO LIBRO .  Para coñecer máis detalles sobre a orixe desta conmemoración podedes picar neste enlace . Entrade tamén na páxina HISTORIAS DE LIBROS   deste mesmo blog e veredes material sobre a orixe da escrita ao longo da historia, os distintos materiais empregados e as diferentes partes dos libros.
     Ademáis hoxe temos pensado montar a exposición sobre as portadas dos libros que estamos a elaborar desde a semana pasada.





Aqui vos transcribo a Mensaxe da Directora Xeral da Unesco con motivo do Día Mundial do Libro

   "Nuestra relación con el libro determina en gran medida nuestra relación con la cultura. El 23 abril, con motivo del Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor, la UNESCO exhorta a movilizarse en torno al libro y a apoyar a quienes de él viven y lo hacen vivir.     Rollo de papiro o Códex, manuscrito, impreso o tableta digital, el libro ha cambiado cientos de veces de apariencia. Pero sea cual sea el medio empleado, el libro materializa las ideas y los valores que los hombres y mujeres consideran dignos de transmitirse. Es un valioso instrumento de intercambio del saber, de entendimiento mutuo y de apertura a los demás y al mundo.
      La UNESCO desea dotar a cada persona de los medios necesarios para tener acceso a este formidable potencial. Este esfuerzo comienza en la escuela, por una lucha resuelta contra el analfabetismo de niños y adultos y prosigue con el fortalecimiento de las políticas culturales. Sin una educación de calidad, las páginas de los libros permanecen en silencio. Los libros no suelen funcionar solos: llevan a leer otros libros que, a su vez, revelan otras riquezas. Sin un acceso equitativo al contenido y a los recursos de las bibliotecas, sean éstas materiales o virtuales, la fuerza de los libros se debilita y su diversidad se agota. Esta cadena del libro reposa en equilibrios precarios y requiere una vigilancia activa y medios de apoyo. Ejemplo de ello es la aplicación de las convenciones de la UNESCO y, en particular, la que se ocupa de la promoción de la diversidad de las expresiones culturales.
       En 2012 el Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor estará consagrado a la traducción. Celebramos el 80º aniversario del Index Translationum, repertorio mundial de las traducciones, que administra la UNESCO. Es una extraordinaria herramienta de difusión y seguimiento de los flujos culturales mundiales. Ante el aumento de las publicaciones los Estados Miembros deben aunar sus fuerzas para que este instrumento único sea más completo, más eficaz y más abierto. La traducción es el primer paso hacia el acercamiento de los pueblos; es también una experiencia de "desensimismamiento" que enseña la diversidad y el diálogo. La traducción es uno de los motores de nuestra diversidad creadora que enriquece cada idioma al ponerlo en contacto con todos los demás.
       Nuestro mundo necesita comprender la diversidad de las culturas y forjar en la mente de cada hombre y de cada mujer competencias interculturales mucho más fuertes. Las necesitamos para vivir juntos en sociedades heterogéneas, para hacer frente juntos a los desafíos que nos son comunes. El 23 de abril la UNESCO promueve la ceremonia de celebración del Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor en Ereván (Armenia), capital mundial del libro en 2012. En este día insto a todos los asociados de la UNESCO en las universidades, las Cátedras y las Escuelas Asociadas, a recordar que los libros son una oportunidad y una fuerza que deben ponerse en manos de todos."

Irina Bokova

3 abr 2012

ANTONIO MINGOTE

    Acaba de falecer aos 93 anos Antonio Mingote, dibuxante, escritor, periodista e académico. Foi o primeiro humorista gráfico nomeado Académico da Real Academia española onde ocupou o sillón r desde 1988. Autodidacta desde os seus sus inicios como dibuxante, publicou cando tiña tan só 13 años a súa primeira ilustración.

     Durante a súa extensa carreira tocou  tódolos temas de actualidade: a educación, a cultura, os ricos e os pobres, a crisis, a política e os políticos, o medioambiente, a sociedade en xeral... dandolle a todos eles o seu particular punto de vista, baseado na crítica, o humor negro, a sátira política, a conciencia social e tamén con un chisco de ternura polos seus personaxes. (Especialmente divertidas e "actuais" son as viñetas recopiladas nos libros sobre as obras no Madrid dos anos 50 e 60).
 Toda unha vida retratando un país e un paisanaxe.