16 abr 2011

Pepe Maestro estivo no colexio


*picade aquí para ver a actividade*
     
    O pasado venres 1 de abril, todo o alumnado de 6º, tivo o inmenso pracer de compartir na biblioteca do centro, un momento moi entrañable co escritor gaditano Pepe Maestro . Conta con moitas obras para o pequeno público e tamén sacou unha colección de audiolibros de contos clásicos. Ademais da súa faceta de escritor puidemos comprobar a súas dotes teatrais e coma narrador oral (enganchando desde un primeiro instante a nenos e adultos).        
Como escritor publicou entre outros: “El Circo de Baltasar”,  “Una pluma de cuervo blanco”, e “La Biomaestra”, os tres na Colección Ala Delta da Editorial Edelvives; “Balbino y las sirenas”, na Colección Sopa de Libros da Editorial Anaya e “Alfonsina” en Palabras del Candil. Súas tamén son diferentes pezas teatrais para nenos e adolescentes coma “Una de monstruos”, “Librosss”, “Casi Blancanieves”, “La Flor de Trébol” e “El único lobo”.  
Os  libros seleccionados polos titores para 6º de primaria,  foron “Una pluma de cuervo blanco” que trata, segundo o autor, dunha extraordinaria e conmovedora historia, cargada de ensinanzas de vital importancia. Engadindo ademais que é unha viaxe inicial na que o avó transmite as súas ensinanzas ao neto e moitas delas, teñen que ver coa conservación da natureza; e “La biomaestra” un libro de lectura sinxela e cunha temática moi próxima ao alumnado, xa que, os protagonistas son Nadiel (unha mestra moi especial) e os seus alumnos/as, que pouco a pouco e sen darse conta, quedarán prendidos dela e das súas “excéntricas” ideas.

 A historia que conta "A biomaestra" comeza así: "No meu colexio hai dezasete profesoras e unha que está tola. Eu chámome Blas, vou a quinto e a miña clase é a do ioga, o horto, as mazás e os coxíns. A miña profesora chámase Nadiel e é esa que consideran un pouco rara. Así que esta é a historia dun manicomio un tanto especial: a vida cotiá no meu colexio..."  O resto tés que leelo tí! 

No hay comentarios: