*Jacobo Fernández Serrano* |
O luns 28 de marzo veunos visitar Jacobo Fernández Serrano; ilustrador infantil, dibuxante, autor de comics e ilustracións para libros de texto e infantis e todos os nenos e nenas de 2º fomos á Biblioteca.
Este é un dibuxo co que nos agasallou ao rematar a visita. Abaixo poderedes ver imaxes da sesión que realizou cos rapaces. Tamén veredes murais e caderniños que realizaron os nenos así coma traballos elaborados con plastilina sobre a súa obra. Ensinounos debuxos que traía, como unha guardería e animais de circo.
Nun bloc grande debuxou unha formiga e unha xirafa, e ensinounos un rotulador que utiliza para as sombras. Nós preguntámoslle moitas cousas, e foinos contando:
- Que pinta con acuarelas e outros materiais: rotuladores, acrílicos,… tamén co ordenador. Os materiais de debuxo son para el as súas ferramentas.
- Máis que pintar gústalle inventar os debuxos, co lapis e goma, pero para debuxar necesita concentración.
- Sempre anda cunha libretiña para anotar as ideas que se lle ocorren. O seu animal favorito é a xirafa, por iso aparece en case todos os libros.
- Díxonos que debuxa desde que era pequeno e faino todos os días, porque quen quere facer algo ben ten que practicar todos os días, tamén os músicos e os deportistas o teñen que facer.
Ao final asinounos os libros de todo 2º, porque limos o seu libro *A pedra e as formigas*, e gustounos moito. Divertímonos moito falando con el!
traballos feitos na clase
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario