O pasado luns 12 de marzo visitou o colexio a escritora viguesa Alicia Borrás Sanjurjo (clica aquí para ver máis ).
Comparteu cos alumos de 5º e 6 de primaria e os seus titores as súas experiencias como escritora, os seus inicios, plans de futuro e falou sobre o seu libro "NATA Y CHOCOLATE" editado por Anaya, da colección Sopa de Libros.
Mostrouse moi cercana e simpática neste encontro e falaron sobre a protagonista da historia, Sonia, unha nena calada, triste e solitaria e o acoso escolar ao que se ve sometida polos seus compañeiros... Os rapaces amosáronlle os traballos que fixeron sobre o libro e decoraron o escenario cos seus dibuxos. Como remate asinoulle o libro a todos os nenos e un para o cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario