"Na hora de ler os alumnos de 2º de primaria, estivemos lendo Os libros de PUPI da colección O Barco de Vapor de SM. O día 19 de febreiro veunos visitar a autora dos libros, MARÍA MENÉNDEZ-PONTE. Xunto cos nosos compañeiros de 1º de primaria, asistimos a un encontro con ela e contounos como nacera PUPI e outras cousas da súa vida, así como de outros libros que aínda está escribindo".
Os nenos asistiron moi atentos á charla con María, despois tiveron unha rolda de preguntas e finalmente a escritora asinou no libro de visitas da Biblioteca e en todos os libros que trouxeron os alumnos de 2º.
Estos son algúns dos comentarios dos nenos: "gustoume moito porque ao principio fixemos preguntas de onde naceu Pupi, como tiña poderes máxicos na cabeza e foi facendose alta e caeu da planta...", "o mellor de todo foi que nos firmou os libros"... Gracias María!
En esta presentación podedes ver como se desenvolveu a actividade:
clicar na imaxe |
No hay comentarios:
Publicar un comentario